Adiós, Roberto é unha película arxentina de corte dramática de 1985 que trata o tema da homosexualidade, dirixida por Enrique Dawi con guión de Lito Espinosa.
Sinopse Roberto sepárase da súa muller e necesita un lugar para pasar a noite. Ao mudarse á casa de Marcelo, el descoñece a súa homosexualidade e xuntos estreitan unha boa amizade. Unha noite, despois de saír de festa, Roberto, borracho, ten relacións sexuais con Marcelo. Deberá entón confrontar os seus sentimentos e a súa identidade sexual, e o probable ridículo ao que será sometido pola súa familia e amigos.
Elenco Víctor Laplace Carlos Calvo Ana María Picchio Héctor Alterio Osvaldo Terranova María Cristina Laurenz Héctor Pellegrini María Vaner Onofre Lovero Ercilia Alonso Jacques Arndt Pablo Codevila Ricardo Jordán León Sarthié Marcela Sola
Véxase tamén Ficha técnica en CineNacional.com
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina