A Rexión Metropolitana do Delta do Río das Perlas (chinés simplificado: 珠江三角洲城市圈; pinyin: Zhūjiāng Sānjiǎozhōu Chéngshìquān) é un vasto conglomerado urbano do sur da China, en torno ao esteiro do río Xi (ou río das Perlas), entre Hong Kong e Macau. Pola súa extensión e rápido crecemento demográfico (sobre todo, na área de Shenzhen), está considerada unha das conurbacións máis grandes do mundo.

Xeografía Trátase dunha rexión urbanizada con dous centros principais: Hong Kong, porto e praza financeira de primeira orde; e Cantón ou Guangzhou, no vértice norte do delta, capital da provincia de Guangdong e metrópole cultural histórica do sur da China.

Na actualidade, destaca Shenzhen, xusto ao norte de Hong Kong. A comezos dos noventa era unha pequena poboación pesqueira mais, tras ser elixida como primeira "zona económica especial" da República Popular en 1980, converteuse nunha metrópole de máis de dezasete millóns de habitantes (2022).

Outras cidades importantes son a illa de Macau, antiga colonia portuguesa, e Zhuhai, un porto próximo a Macau que está a experimentar un gran crecemento.

Principais cidades da conurbación Cantón (municipalidade): 18.734.100 (2022). Shenzhen (municipalidade): 17.661.800 (2022). Hong Kong (Rexión Administrativa Especial): 7.474.200 (2020). Dongguan (municipalidade): 10.437.000 (2022). Huizhou (municipalidade): 6.066.000 (2021). Macau (Rexión Administrativa Especial): 683.200 (2020).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia de Hong Kong Historia de Shenzhen Ligazóns externas Imaxe de satélite 1996.

Categoría:Áreas metropolitanas Categoría:Cidades da China