Ah Peku Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten 84 km de diámetro e está situado a 10,3° N 107° O. Recibiu oficialmente o seu nome no ano 2006, este nome fai referencia ó deus do trono Maia, Ah Peku. Ah Peku Patera está situado ó sur de Monan Mons, o norte do cal está Monan Patera. Os puntos centrais eruptivos de Amirani e Maui poden ser atopados no noroeste, así coma Maui Patera. Gish Bar Patera está situado en dirección ó nordeste.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007. Ah Peku Patera foi visto por primeira vez a través da instrumentación da sonda Galileo, é considerado coma punto quente activo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Patera Ío

Categoría:Ío Categoría:Paterae