Jules Rimet, nado o 14 de outubro de 1873 en Theuley-les-Lavoncourt (Francia) e finado en Berna (Suíza) o 16 de outubro de 1956, foi un avogado e dirixente deportivo, foi presidente da Federación Francesa de Fútbol, o terceiro e un dos máis importantes presidentes da FIFA, sendo o que propuxo a creación da Copa do Mundo de Fútbol.

Traxectoria Educado nos seus comezos de maneira ríxida, estudou a carreira de avogado en París e, aínda que lle gustaba o fútbol, non o practicou, polo que se dedicou máis ben a axudar aos deportistas. Ao comezo da súa carreira como dirixente, que comezou en marzo de 1897, reuniuse cuns amigos para fundar o club Red Star, que hoxe aínda existe e que presidiu; logo, en 1910, fundouse a primeira liga francesa, da cal nove anos máis tarde fixo crear a Federación Francesa de Fútbol (FFF), que dirixiu desde 1919 a 1942.

Posteriormente vinculouse á FIFA como representante de Francia ante a mesma, ata que en 1921 foi designado presidente; alí trasladou a súa experiencia de líder e o seu amor ao Fútbol, que o impulsou a reorganizar a FIFA, que por entón estaba a piques de disolverse. Non só promoveu os torneos olímpicos de Fútbol dos anos vinte, senón a Copa Mundial de Fútbol, que era o seu soño máis prezado, e que se estableceu en 1928 e celebrouse, en 1930, no Uruguai, país que quedou campión. En 1946, no congreso de Luxemburgo, o seu nome denominou oficialmente a Copa até 1970. Logo en 1954 foi nomeado presidente honorífico da FIFA, tras cumprir o seu período de mandato como presidente, á idade de 81 anos. Ao ano seguinte foi nomeado para o Premio Nobel da Paz.

Véxase tamén Ligazóns externas FIFA.com Federación Francesa de Fútbol

Categoría:Dirixentes de fútbol Categoría:Nados no departamento de Alto Saona‎ Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1956