Gerhard Herzberg, nado en Hamburgo (Alemaña) o 25 de decembro de 1904 e finado en Ottawa (Canadá) o 3 de marzo de 1999, foi un físico, químico e profesor universitario canadense, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1971.Stoicheff, B. P. (2003). "Gerhard Herzberg PC CC. 25 December 1904 - 3 March 1999". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 49: 179. [doi:10.1098/rsbm.2003.0011. http://rsbm.royalsocietypublishing.org/content/49/179 ]
Traxectoria Estudou física e química no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, onde se licenciou en 1928 en fisicoquímica. En 1930 realizou o seu doutoramento na Universidade de Göttingen, baixo a supervisión de James Franck e Max Born, e na Universidade de Bristol, baixo a supervisión de John Lennard-Jones.
En 1930 foi nomeado profesor asistente de física no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, cargo que tivo que abandonar en 1935 ante as presións do réxime nazi alemán. Aquel mesmo ano aceptou o cargo de profesor visitante na Universidade de Saskatchewan no Canadá, país onde estableceu a súa residencia. Entre 1945 e 1948 foi profesor na Universidade de Chicago.
Investigacións científicas Interesado na investigación da espectroscopia molecular, durante a súa estancia no Canadá determinou a estrutura molecular das moléculas diatómicas e poliatómicas, incluíndo hidróxeno triatómico, H3, o hidróxeno molecular protonado, H3+ , e os radicais libres. Tamén realizou estudos sobre a análise química de obxectos astronómicos como as nubes moleculares.
En 1971 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres. Ese mesmo ano tamén recibiu a Medalla Royal da Royal Society de Londres.
Recoñecementos miniatura|Placa conmemorativa no College Building (Saskatchewan). Na súa honra bautizouse ao asteroide (3316) Herzberg descuberto o 6 de febreiro de 1984 polo astrónomo Edward Bowell.
Notas
Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1971 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1971 Gerhard Herzberg: "Pai" da espectroscopia molecular.
Categoría:Químicos do Canadá Categoría:Físicos do Canadá Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Finados en 1999 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Santa María de Halifax Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Premios Nobel do Canadá