Gerald Rudolph Ford, Jr., nado en Omaha (Nebraska) o 14 de xullo de 1913 e finado en Rancho Mirage (California) o 26 de decembro de 2006. foi un político estadounidense, presidente dos Estados Unidos de América de 1974 a 1977. Traxectoria esquerda|miniatura|Gerald Rudolph Ford no anverso dun dólar presidencial de 2016.
Tras estudar en Yale e participar na segunda guerra mundial, na mariña, en 1965 foi nomeado líder da minoría republicana na Cámara dos Representantes.
En 1973, tras a renuncia de Spiro Agnew (vicepresidente de Nixon), foi nomeado novo vicepresidente, e á fin, 38º presidente dos Estados Unidos de 1974 ata 1977 tras a dimisión de Richard Nixon polo escándalo do Watergate.
A súa primeira medida como presidente foi perdoar de todos os delitos federais ao seu predecesor e amigo, Richard Nixon. En 1976 Ford gañou a carreira das primarias a Ronald Reagan, porén perdeu fronte ao demócrata Jimmy Carter as eleccións do ano seguinte.
Levou a cabo unha política economicamente liberal, reducindo impostos e recortando o gasto social. Promoveu a distensión coa Unión Soviética (véxase guerra fría).
Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Omaha, Nebraska Categoría:Presidentes dos Estados Unidos de América Categoría:Vicepresidentes dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa