Mario Echandi Jiménez, nado en San Xosé o 17 de xuño de 1915 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 2011,Nación.com Falleció expresidente Mario Echandi Jiménez (1958-1962) . Consultado o 2 de setembro de 2012. foi un diplomático e político, presidente de Costa Rica entre 1958 e 1962. Traxectoria
Foi fillo de Alberto Echandi Montero e Josefa Jiménez Rucavado. Cursou estudos no Liceo de Costa Rica e na Escola de Dereito, onde se graduou de Licenciado en Leis.
Foi Agregado Militar en misión especial en Panamá en 1940, Embaixador de Costa Rica nos Estados Unidos de América, as Nacións Unidas e a OEA (1949-1950), Ministro de Relacións Exteriores e Cultura (1950-1952) e Deputado por San José (1953-1955).
En 1958 foi elixido Presidente da República, cargo que exerceu de 1958 a 1962. O presidente Echandi obtivo 102.851 votos como candidato da partido Unión Nacional, Francisco José Orlich candidato da partido Liberación Nacional obtivo 94.778 votos e Jorge Rossi Chavarría obtivo 23.910 votos polo partido Independente. Este último partido estaba constituído por exmembros do partido Liberación Nacional. Un ano antes da elección houbo unha escisión nese partido e un grupo dos seus partidarios encabezados polo Licenciado Jorge Rossi deixaron as súas filasHistoria de Costa Rica, Monge Alfaro, Carlos. edición #16, Imprenta Trejos, 1980, página 304.
Durante o seu goberno aprobáronse algunhas leis importantes, como a Lei de Aguinaldo, fundouse o Servizo Nacional de Aqueductos e Redes de sumidoiros, o Instituto de Terras e Colonización (ITCO), a Lei de Protección e Desenvolvemento Industrial, creouse o primeiro Plan Viario, cuxo obxectivo era construír unha rede de estradas e camiños no país segundo un plan previo. Rompéronse relacións diplomáticas con Cuba debido á política de fusilamentos do réxime de Fidel Castro.
Durante o seu goberno permitiuse o regreso do expresidente Rafael Ángel Calderón Gardia e os seus seguidores atoparon condicións para organizarseHistoria de Costa Rica, Monge Alfaro, Carlos. edición #16, Imprenta Trejos, 1980, página 305. Vida persoal
Casou con Olga De Benedictis Antonelli.
Notas
Categoría:Presidentes de Costa Rica Categoría:Embaixadores de Costa Rica nos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2011