Svarog Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 124 km de diámetro e está situado a 48,66° S 265,74° O. O nome de Svarog provén da mitoloxía rusa, onde Svarog era un deus ferreiro, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979. Ó norte de Svarog Patera está Lyrcea Planum, ó norte da cal está Babbar Patera. Cara ao sur podemos atopa-lo Silpium Mons, e cara ao leste está Hermes Mensa. En dirección sueste están Pyerun Patera e Epaphus Mensa.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007. Svarog Patera foi un dos puntos quentes detectados grazas á misión Voyager.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Patera Ío
Categoría:Ío Categoría:Paterae