A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de carácter privado que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre o escritor e intelectual ourensán Ramón Otero Pedrayo, chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través das actividades lembradoiras propias dunha fundación destas características, e da custodia da súa Casa-Museo no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro. Desde 2021 o seu presidente é Xosé Eduardo López Pereira.
Organización Ramón Otero Pedrayo, sen herdeiros directos, deixou unha manda no seu testamento pola que legaba a súa Casa Grande de Trasalba a Galicia, representada para o efecto pola Editorial Galaxia. Para cumprir a súa vontade, uns meses despois da súa morte, o 10 de abril de 1976, creouse un Padroado que axiña constituíse unha fundación cultural independente. Foi recoñecida por Orde Ministerial do 19 de xullo de 1979 e como fundación de interese galego en 2003 por orde da Xunta de Galicia.
Actividades miniatura|Entrada á casa. A Fundación promove distintas actividades culturais ao longo do ano, tanto na Casa Grande de Cimadevila, como noutras localizacións. Desde lembranzas a vellos amigos, a homenaxes nos seus aniversarios. Unha das máis recoñecidas é a celebración dunha festa anual -o último domingo de xuño de cada ano- na que se entrega, ininterrompidamente dende 1983, o Premio Trasalba a senlleiros valedores da cultura galega.
A Fundación edita publicacións relativas á cultura galega, tanto propias de Otero Pedrayo coma dos personaxes galardoados cada ano co Premio Trasalba. Presidencia Agustín Sixto Seco (1979-2004) Víctor F. Freixanes (2004-2017) Juan Luis Saco Cid (2017-2021) Xosé Eduardo López Pereira (2021-)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da Fundación
Otero Pedrayo Categoría:Institucións da Cultura de Galicia Categoría:Premio Otero Pedrayo Categoría:Ramón Otero Pedrayo Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia