Verbano-Cusio-Ossola é unha provincia da rexión do Piemonte, en Italia. A súa capital é a cidade de Verbania.
Ten unha área de 2.255 km2, e unha poboación de 159.040 habitantes (2001). Hai 77 municipios na provincia.
Limita polo oeste, norte e leste con Suíza (cantóns de Valais e Tesino), polo leste coa rexión da Lombardía (provincia de Varese), e polo sur coa provincia de Novara e a provincia de Vercelli, do mesmo Piemonte.
A provincia instituíse en 1992, por escisión da provincia de Novara.
Véxase tamén Ligazóns externas Provincia del Verbano Cusio Ossola
Categoría:Provincia de Verbano-Cusio-Ossola