Lodi (no lombardo occidental, Lod) é unha provincia da rexión da Lombardía, en Italia. A súa capital é a cidade de Lodi.
Ten unha área de 782 km2, e unha poboación de 198.020 habitantes (2001). Hai 61 comunas na provincia.
Limita polo norte coa provincia de Milán, polo leste coa provincia de Cremona, polo sur coa rexión da Emilia-Romaña (provincia de Piacenza) e polo oeste coa provincia de Pavia.
A provincia foi constituída en 1992 a partir de 61 municipios desanexados da provincia de Milán.
Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Lodi
Lodi Lodi