Prometheus é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. As súas coordenadas na superficie de Ío son 1,52° S 153,94° O. Prometheus consiste nun cumio de 28 km de ancho chamado Prometheus Patera e 100 km de coladas de lava, todo isto rodeado dunha grande extensión circular de depósitos de sulfuro vermello e de brillante dióxido de sulfuro, procedentes dos materiais depositados polas columnas (plumas) volcanicas. O volcán foi visto por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Voyager 1 en marzo de 1979. Ese mesmo ano, a Unión Astronómica Internacional deulle oficialmente o nome de Prometheus, deus grego do lume.
Prometheus é un lugar volcanicamente activo coma mínimo dende o encontro da Voyager 1 con Ío no ano 1979. Entre a chegada da Voyager e as primeiras observacións da sonda Galileo, foron depositadas coladas de lava sobre superficie duns 6.700 km2. Observacións posteriores da Galileo amosaron numerosas fendas no leito volcánico, especialmente na parte occidental destes campos de lava.
Prometheus é un volcán con dúas columnas volcánicas: unha máis pequena, rica en sulfuros procedentes do magma que se descarga cara ao final da parte oriental dos leitos de lava, acadando unhas alturas que oscilan entre 75 a 100 km; e a outra columna eruptiva rica en SO2 que está activa en fronte de onde finaliza a outra. A primeira forma un deposito difuso e vermello cara ao leste de Prometheus. A segunda forma un brillante e circular deposito ó redor da totalidade do volcán e dos seus campos de lava. A columna eruptiva rica en SO2 é xerada da lava que corre cara ao final da parte occidental dos leitos de lava, cubrindo, quentando e vaporizando a xeada de dióxido de sulfuro. Isto vai acompañado da aparición de moitas fendas, as cales xeran gas e po que se suma para forma-la columna (pluma) volcánica. A columna de Prometheus foi vista tanto pola Voyager coma pola Galileo, coma pola New Horizons'', cando cada sonda tivo a oportunidade de tomar imaxes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Patera Ío Vulcanismo en Ío
Categoría:Ío Categoría:Volcáns extraterrestres