Ascoli Piceno é unha provincia da rexión das Marcas, en Italia. A súa capital é a cidade de Ascoli Piceno.

Tiña unha área de 2.087 km2, unha poboación de 369.579 habitantes (2001), e 73 comunas, mais tras a creación da provincia de Fermo, operativa dende o 2009, as cifras minguaron. Actualmente hai 33 municipios na provincia.

Fai fronteira a norte coa provincia de Fermo, a noroeste coa provincia de Macerata, a leste co Mar Adriático, a sur coa provincia de Teramo (rexión dos Abruzos) e coa provincia de Rieti (rexión do Lacio), e a suroeste coa provincia de Perugia (rexión de Umbría).

Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Ascoli Piceno

Ascoli Piceno Ascoli Piceno