O Club Deportivo Ribadumia é un club galego de fútbol que naceu en 1959 en Ribadumia. Na actualidade compite na Terceira División, logo de ascender na tempada 2019–20.

Historia O club fundouse en 1959, sendo o seu primeiro presidente Amadeo Serantes. En 1961 comezou a competir na liga das Rías Baixas, permanecendo nesta categoría ata 1975, cando pasou a Terceira Rexional. En 1985 ascendeu a Segunda e na tempada 1989/90 ascendeu por primeira vez a Primeira Rexional. Estivo só un ano na categoría, descendendo de novo a Segunda ao remate da tempada, ata que volveu ascender na 1993/94.

Na tempada 2006/07 acabou campión do grupo 4º, conseguindo o ascenso a Preferente, categoría na que xogaría durante os seguintes sete anos. Na tempada 2013/14 o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División, despois de quedar campión do Grupo Sur de Preferente, con Gabriel Leis no banco e liderado no campo por Changui, autor de 32 goles. O equipo alcanzou a sétima praza na súa primeira tempada en Terceira. Nesa tempada creouse tamén o Ribadumia B, un filial para formar xogadores da canteira, que comezou a xogar en Terceira Autonómica Grupo 15.

Tras cinco tempadas en Terceira, o Ribadumia volveu caer a Preferente ao remate da tempada 2018/19, ao rematar 18º. Con todo, o equipo acabou como primeiro do Grupo Sur no seu regreso a Preferente. Venceu ademais ao Viveiro, primeiro do grupo Norte, proclamándose así como campión de Preferente e accedendo á fase previa da Copa do Rei. En dita fase xogada o 11 de novembro de 2020 o equipo ribadumiense, adestrado por Luis Carro, conseguiu unha histórica clasificación para a Copa, derrotando en Cantabria ao Miengo FC por 0-1, cun gol de Diego Abal. No sorteo da primeira rolda o equipo quedou emparellado co Cádiz CF, de Primeira División, contra o que finalmente quedou eliminado ao perder por 0-2 na Senra.

Datos do club Historial na liga TempadaCategoríaPosto1988/892ª Autonómica3º1989/902ª Autonómica1990/911ª Autonómica1991/922ª Autonómica14º1992/932ª Autonómica4º1993/942ª Autonómica1994/951ª Autonómica17º1995/961ª Autonómica13º1996/971ª Autonómica4º1997/981ª Autonómica4º1998/991ª Autonómica8º1999/001ª Autonómica6º2000/011ª Autonómica7º2001/021ª Autonómica9º2002/031ª Autonómica2003/042ª Autonómica2004/051ª Autonómica14ºTempadaCategoríaPosto2005/061ª Autonómica3º2006/071ª Autonómica2007/08Preferente13º2008/09Preferente6º2009/10Preferente10º2010/11Preferente14º2011/12Preferente4º2012/13Preferente7º2013/14Preferente2014/153ª7º2015/163ª11º2016/173ª15º2017/183ª12º2018/193ª18º2019/20Preferente2020/213ª—

Notas

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Ribadumia