A Cidade de MéxicoInformación derivada na entrada Xerardo da Guía de nomes galegos da RAG: "Xerardo Moscoso Caamaño (1945-2021), natural da Cidade de México, fillo de galegos..." (oficialmente e en castelán Ciudad de México (, antigamente chamada Distrito Federal; en ) é a capital e cidade máis poboada dos Estados Unidos Mexicanos. Con case 9 millóns de habitantes no ano 2016 e unha área metropolitana de máis de 22 millóns de persoas, é unha das urbes máis grandes de América Latina e do mundo.

Sitúase no centro da república, sobre o altiplano mexicano a uns 2.600 metros de altitude, no leito do que foi un lago e rodeada de volcáns, sobre todo ao sueste, os Popocatépetl (5.452 m) e Iztaccíhuatl (5.286 m).

Na cidade atópanse catro dos 34 sitios Patrimonio da Humanidade cos que conta o país: o Centro Histórico, Xochimilco, o Campus Central da Cidade Universitaria da UNAM e a Casa e estudio de Luis Barragán.

Topónimo Cidade de México, antigamente Distrito Federal é un topónimo de orixe náhuatl cuxo significado é discutido. Deriva do vocábulo náhuatl Mēxihco , que designaba a capital dos mexicas, a antiga México-Tenochtitlán. De acordo con Bernardino de Sahagún, o vocábulo significaría 'o embigo da lúa',De Metzxico: metz(tli) (lúa), xic(tli) (embigo, centro) e -co (locativo). Sahagún, Historia xeral.... suxestión que logo fixeron súa Cecilio Robelo, Alfonso Caso e Gutierre Tibón e que se popularizou a través dos libros de texto gratuítos. Con todo, esta hipótese non é sustentable porque a morfoloxía do náhuatl non admite unha derivación do topónimo a partir das voces propostas. Clavijero suxeriu que o topónimo debía interpretarse como '[no] lugar de Mexihtli', é dicir, de Huitzilopochtli, pois Mexihtli era un dos seus nomes alternativos. No mesmo texto, Clavijero engade como nota que creu por algún tempo que o vocábulo significaba 'No centro do maguey', pero que a través do coñecemento da historia dos mexicas chegou á conclusión de que o topónimo se refire ao deus tutelar dos aztecas.

Outros pobos indíxenas asentáronse no Val de México, como os otomís, os mazahuas, os mixtecos, e por iso a cidade ten o nome de: Mönda en lingua otomí Bonrro en lingua mazahua Ñuu K'oyo en lingua mixteca.

Historia Época precolombiana miniatura|240px|Fundación de México-Tenochtitlán. Códice Durán, s. XVI. Os indicios máis antigos de ocupación humana no territorio da Cidade de México son os da "Mujer del Peñón" e outros atopados en San Bartolo Atepehuacan (Gustavo A. Madeiro), e críase que correspondían ao período Cenolítico Inferior (9500-7000 a. C.).A evidencia consiste nun enterramento no primeiro caso, e de lascas asociadas a restos de fauna extinta. Estimábase que tiñan ao redor de 10 000 anos de antigüidade. Cfr. Acosta Ochoa, 2007: 9. Con todo, recentes estudos sitúan a súa antigüidade en 12 700 anos, e a súa orixe, polo seu ADN mitocondrial, como asiático.

Durante o primeiros tres milenios antes de nosa era, baixo o influxo ou á sombra da cultura olmeca, desenvolvéronse aquí varias poboacións importantes como Cuicuilco. No final do Preclásico, a hexemonía cuicuilca cedía ante o apoxeo de Teotihuacán, localizada ao nordés do lago de Texcoco. Durante o Clásico, esa cidade foi un núcleo que concentrou a maior parte dos poboadores da conca lacustre, quedando Azcapotzalco como un dos seus satélites na ribeira poñente, ocupado por pobos de ascendencia otomiana. No oriente do lago, o cerro da Estrela foi a sede dun pequeno pobo teotihuacano.

Cara ao século VIII comezou a decadencia de Teotihuacan. Algúns dos seus habitantes trasladáronse á ribeira do lago de Texcoco, onde fundaron poboacións como Culhuacán, Coyoacán e Copilco. A zona foi destino das migracións dos teochichimecas durante os séculos VIII e XIII, pobos que orixinarían as culturas tolteca e mexica. Estes últimos chegaron cara ao século XIV para establecerse primeiro nas beiras do lago.

Debido á súa orixe mitolóxica, non hai consenso científico sobre a data da fundación da cidade de México-Tenochtitlán, pero puido ocorrer a inicios do século XIV."A historia da migración dese grupo indíxena que saíu de Aztlán -lugar do branco- para fundar México-Tenochtitlán, foi contada de diversas formas, tanto polos mesmos protagonistas como polos conquistadores e, en épocas actuais, por historiadores mexicanos e estranxeiros; por iso non existe un consenso para determinar a data exacta de cando este pobo se estableceu no medio do lago de Tetzcoco. Determinouse 1325; con todo, isto non é seguro por dúas causas: primeiro, porque as fontes documentais dannos varias datas e, segundo, porque aínda existe polémica sobre o cómputo do tempo utilizado polos mexicas no seu calendario. Entre as excepcións máis serias descualificando ese ano, está a de Nigel Davies, quen baseándose en cómputos feitos polos historiadores Wigberto Jiménez Moreno e Paul Kirchhoff, establece como data 1345.", en "No noso país exáltase o pasado mexica e discriminase aos indíxenas actuais", Boletín UNAM-DGCS-553, México, 16 de xullo de 2003, Universidade Nacional Autónoma de México. Fontes do século XVI que fixeron correlacións dos antigos calendarios cos occidentais situárona en 1325 -2 casa na conta calendárica mexica- ou en 1345, nun illote no centro da zona lacustre. Algúns anos máis tarde unha fracción dos mexicas que migraban desde o norte do país fundarían a cidade de México-Tlatelolco noutro illote ao noroeste. Máis tarde, en 1428 Tenochtitlan, Tetzcoco e Tlacopan estableceron a Tripla Alianza a cal foi dominada polos mexicas, que crearon un imperio nun territorio de preto de 300 000 quilómetros cadrados. Como parte desta expansión, Tenochtitlan conquistou a outra cidade de orixe mexica de Tlatelolco en 1473, que dada a súa proximidade, uníronse nunha soa zona urbana. Ao momento da chegada dos españois, México-Tenochtitlan era unha das urbes máis grandes do mundo antigo contando, baseado en estimacións modernas, cunhas 300.000 persoas.Para un estudo sobre este cálculo véxase De Rojas, José Luís. "Cuantificaciones referentes a la ciudad de Tenochtitlán en 1519", en Historia Mexicana, El Colegio de México, vol. 66, núm. 4 (264). México, El Colegio de México.

Conquista española miniatura|esquerda|En 1521, soldados españois liderados por Hernán Cortés invadiron o Imperio Azteca e ocuparon e saquearon a súa capital, Tenochtitlán.

Tras o desembarque en Veracruz, o explorador español Hernán Cortés avanzou sobre Tenochtitlan coa axuda doutros pobos nativos, chegando á capital azteca o 8 de novembro de 1519. Cortés e os seus homes marcharon ao longo da calzada que conducía á cidade de Iztapalapa e o gobernante da cidade, Moctezuma II, saudou as españois; trocaron presentes, pero a amizade non durou moito tempo. Cortés puxo a Moctezuma baixo prisión domiciliaria, na esperanza de gobernar a través da autoridade del.

As tensións aumentaron, até que na noite do 30 de xuño de 1520 - durante unha loita coñecida como "La Noche Triste" - os aztecas levantáronse contra a invasión española e conseguiron capturar e expulsar os europeos e os seus aliados tlaxcaltecas. Cortés reagrupou as súas forzas en Tlaxcala. Os aztecas pensaron que os españois marcharan permanentemente e elixiron un novo rei, Cuitláhuac, pero morreu pronto. O seguinte rei foi Cuauhtémoc.

Cortés comezou logo o cerco de Tenochtitlan en maio de 1521. Durante tres meses, a cidade sufriu coa falta de comida e auga, así como a propagación da varíola traída polos europeos. Cortés e os seus aliados desembarcaron as súas forzas na parte sur da illa e lentamente abriron camiño a través da cidade. Cuauhtémoc rendeuse en agosto de 1521. Os españois practicamente arrasaron a cidade de Tenochtitlán durante o cerco final da conquista.

Cortés primeiro estabeleceuse en Coyoacán, pero decidiu reconstruír a cidade azteca para apagar todos os vestixios da vella orde. Non estabeleceu un territorio baixo o seu propio dominio persoal, permaneceu leal á coroa española. O primeiro vicerrei español chegou á Cidade de México catorce anos máis tarde. Nesa época, a cidade xa se tornara novamente unha importante cidade-Estado, tendo un poder que se estendía alén das súas fronteiras.

Aínda que os españois preservasen o formato básico das rúas de Tenochtitlán, construíron igrexas católicas sobre os antigos templos aztecas e reivindicaron os palacios imperiais para eles. Tenochtitlán foi rebautizada como "México" porque era unha palabra máis doada de pronunciar en castelán.

Período colonial miniatura|Vista da Cidade de México en 1600. miniatura|A Catedral Metropolitana foi construída polos españois sobre as ruínas do Templo Mayor. A cidade foi a capital do Imperio Azteca e na era colonial, Cidade de México tornouse a capital do Vice-Reino de Nova España. O vice-rei vivía no palacio vice-real na praza Zócolo. A Catedral Metropolitana da Cidade de México, a sede do arcebispado de Nova España, foi construída noutra parte do Zócolo, sobre as ruínas do antigo Templo Mayor.

As cidades españolas coloniais estaban construídas baseándose nun plano organizado en quinteiros, polo menos se ningún obstáculo xeográfico o impedía. Na Cidade de México, o Zócolo (a praza principal) era o lugar central a partir do cal os quinteiros da cidade foron construídos. Os españois vivían na área máis próxima á praza principal, no que era coñecido como traza, en rúas tranquilas e ben ordenadas. As residencias dos pobos nativos foron colocadas fóra desa zona exclusiva e as súas casas estaban máis afastadas.Edmundo O'Gorman, Reflexiones sobre la distribución urbana colonial de la ciudad de México, Mexico 1938, pp. 16ff.

O Imperio Español procurou manter os indios separados dos españois, mais como o Zócolo era un centro comercial importante para os indios, eles eran unha presenza constante na área central da cidade, o que facía que a rigorosa segregación étnica non fose cumprida.Magnus Mörner e Charles Gibson, "Diego Muñoz Camargo and the Segregation Policy of the Spanish Crown", Hispanic American Historical Review, vol. 42, pp. 558ff. O Zócolo tamén era o escenario de grandes celebracións, tamén como de execucións. A praza tamén foi o lugar de dúas grandes rebelións no século XVII, unha en 1624 e outra en 1692.Ida Altman, Sarah Cline, e Javier Pescador, The Early History of Greater Mexico, Pearson 2003, pp. 246-249.

A cidade medrou, así como a súa poboación, o que deixou cada vez menos espazo para as augas do lago. Como a profundidade da auga do lago oscilaba, a Cidade de México estaba suxeita a inundacións periódicas. Un gran proxecto de infraestrutura fixo que miles de indios fosen postos en réxime de traballo forzado para evitar novas inundacións. As enchentes non só eran un inconveniente, se non tamén un perigo para a saúde, unha vez que durante os períodos de cheas o lixo da xente contaminaba as rúas da cidade. Coa drenaxe da área, a poboación de mosquitos caeu, así como a frecuencia de doenzas. No entanto, a drenaxe dos pantanos tamén mudou o hábitat para peixes e aves e as áreas de acceso para os cultivos dos indios preto da capital.Noble David Cook, Born to Die: Disease and New World Conquest, 1492-1650. Nova York: Cambridge University Press 1998.

No século XVI, houbo unha proliferación de igrexas, moitas das cales aínda poden ser vistas no centro histórico da capital mexicana. Economicamente, a Cidade de México prosperou como resultado do comercio. Ó contrario do Brasil ou do Perú, México tiña contacto fácil cos océanos Atlántico e Pacífico. Aínda que a coroa española tentase regulamentar completamente todo o comercio na cidade, a lei tivo éxito só parcial.