O Laracha Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1965 no concello da Laracha. Na actualidade xoga na Preferente Autonómica.
Historia No verán de 2018, xogando na Terceira División, o club asinou un convenio co Deportivo da Coruña para converterse no segundo filial deste. Isto propiciou que varios xogadores da canteira branquiazul xogasen no Laracha, como Iago Novo, Iago Parga ou Manu Mosquera entre outros. Con todo, o descenso do Deportivo Fabril a Terceira a finais desa tempada 2018/19 provocou tamén o descenso automático do Laracha a Preferente a falta de varias xornadas, aínda que finalmente acabou a tempada tamén en postos de descenso. O convenio non se renovou.
Datos do club Historial na liga TempadaCategoríaPosto1965/661ª Comarcal—1966/671ª Comarcal1º1967/681ª Comarcal1º1968/691ª Comarcal—1969/701ª Comarcal—1970/711ª Comarcal—1971/721ª Comarcal—1972/731ª Comarcal—1973/741ª Comarcal—1974/751ª Comarcal3º1975/761ª Comarcal4º1976/771ª Comarcal5º1977/781ª Comarcal5º1978/792ª Rexional9ºTempadaCategoríaPosto1979/802ª Rexional10º1980/812ª Rexional5º1981/822ª Rexional3º1982/832ª Rexional6º1983/842ª Rexional—1984/851ª Rexional18º1985/862ª Rexional—1986/871ª Rexional6º1987/881ª Rexional3º1988/891ª Rexional7º1989/901ª Rexional5º1990/911ª Rexional4º1991/921ª Rexional1992/93Preferente6ºTempadaCategoríaPosto1993/94Preferente9º1994/95Preferente8º1995/96Preferente8º1996/97Preferente1997/983ª1998/99Preferente9º1999/00Preferente8º2000/01Preferente8º2001/02Preferente1º2002/03Preferente3º2003/04Preferente2004/053ª5º2005/063ª3º2006/073ªTempadaCategoríaPosto2007/08Preferente7º2008/09Preferente8º2009/10Preferente8º2010/11Preferente10º2011/12Preferente5º2012/13Preferente2013/143ª15º2014/153ª2015/16Preferente9º2016/17Preferente2017/183ª15º2018/193ª2019/20Preferente19º
O Laracha Club de Fútbol xogou en total oito temporadas en Terceira. O seu mellor resultado foi o da tempada 2005-06, cando despois de quedar en terceira posición, disputou a fase de ascenso a Segunda B, se ben quedou eliminado na primeira rolda.
Xogadores famosos Iago Iglesias Javi Fuentes
Palmarés Copa da Coruña (4): 1992, 2000, 2002, 2022
Notas
Véxase tamén