San Roque é un lugar da parroquia de San Miguel de Negradas, no concello lugués do Vicedo. Segundo o IGE en 2009 tiña 20 habitantes (11 mulleres e 9 homes), 14 menos ca en 1999. Toponimia O topónimo San Roque é un haxiotopónimo referido a Roque de Montpellier e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación. Previamente o lugar era coñecido como O Pazo, onde viviron María Sarmiento Ribadeneira e o seu marido Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, gobernador de Filipinas. Tamén foi coñecido como Santa Mariña, por mor da existencia dunha capela baixo esa advocación.
Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Negradas
Parroquias do Vicedo
Categoría:Lugares do Vicedo