"Heart-Shaped Box" é un sinxelo da banda estadounidense de grunge Nirvana, composta polo seu guitarrista e vocalista Kurt Cobain. O tema foi editado como primeiro sinxelo do seu terceiro álbum de estudio In Utero, o 23 de agosto de 1993. Aínda que o selo DGC Records non fixo unha edición física para a venda nos Estados Unidos, "Heart-Shaped Box" foi emitida con moita frecuencia polas radios dese país, acadando o número 1 na lista Billboard Modern Rock Tracks. A edición internacional do sinxelo foi número cinco no Reino Unido.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Kurt Cobain agás onde se indique.
"Heart-Shaped Box" – 4:39 "Milk It" – 3:52 "Marigold" – 2:33 (Dave Grohl)
Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Nirvana Categoría:Composicións musicais de grunge