O Santiago de Compostela Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2005 en Santiago de Compostela, e un dos dous principais da cidade. Na actualidade non ten equipo sénior, só fútbol base.
Historia Ten as súas orixes no equipo do CD Santiago Sar, que naceu en 2004 de dous equipos locais, o Rosalía e o AD Colexiata do Sar. Foi o Santiago Sar quen conseguiu o ascenso en 2004-05 á Preferente, categoría onde se mantivo o seu sucesor o Santiago de Compostela ata a tempada 2011-12. Na tempada 2012-13 o club deixa de participar en categoría sénior e mantén só equipos nas categorías inferiores, salientando nesa tempada a participación do equipo xuvenil na División de Honra.
Tempada a tempada TempadaCategoríaPosto2005/06Preferente11º2006/07Preferente11º2007/08Preferente13º2008/09Preferente6º2009/10Preferente—2010/11Preferente7º2011/12Preferente17º
Notas
Véxase tamén
Categoría:Equipos de fútbol da provincia da Coruña Categoría:Deporte en Santiago de Compostela