O Soneira Sociedade Deportiva é un equipo galego de fútbol da vila de Vimianzo, refundado en distintas ocasións, a última en 1995. Na actualidade xoga no Grupo 2 de Primeira Autonómica de Galicia.
Historia I Etapa: 1966-1970 As persoas clave na creación del equipo foron: Manuel Antelo Varela: na década de 1960 era alcalde de Vimianzo. Baixo o seu mandato se adquiriron os terreos do campo de fútbol, que desde entón é patrimonio municipal. José Luis Mouzo Rial: desde o primeiro momento asumiu a responsabilidade de dirixir e controlar as obras do terreo de xogo. O 29 de marzo de 1966 na asemblea convocada pola comisión xestora encargada da constitución da Sociedad Club Soneira de Educación y Descanso saíu elixido presidente Manuel Antelo Varela, converténdose no primeiro rexedor do club. Sería substituído logo por José María Pose Romero, baixo a súa dirección o club acadaría en 1967 o primeiro título do equipo, a Liga da Costa. O último presidente deste período sería José Luis Mouzo Rial. Foron varios os directivos que axudaron a estes presidentes, Ricardo Queiro, Daniel Pose ou Paco Miñones, entre outros.
Os catro adestradores que dirixiron o equipo neste período foron Alejandro Lemus Noya (Perucho), Jesús Pereiro, Paco Miñones e Tito Luaces. Foron xogadores salientábeis Moli, Amador, Robusto, Luis Leis, Soto e Ramón Pastoriza. Tamén foi destacábel a polifacética labor que desenvolvía Manuel Duarte Alvite (Manolo do Chantaino): pintaba o terreo de xogo, colocaba a corda nos postes de cemento que rodeaban o recinto, limpaba os vestiarios, ... de el dependía todo o material deportivo como botas, uniforme, balóns, ... e nos desprazamentos levaba un enorme cesto de vime no que carrexaba todo ese material.
II Etapa: 1978-1990 Na temporada 1978-1979 reaparece de novo o equipo e asume a presidencia José Antonio Ameijeiras Ramos. Na seguinte temporada vaino dirixir José María Villar Costa, logo seguirían Jesús Manuel Roget Barrientos, Manuel Lavandeira Insua e Emilio Díaz Zapata. Tomou o relevo Manuel Rodríguez Lema (Manolo do Capitán) na temporada 1983-1984, na que o conxunto vimiancés se proclamou campión de novo da Liga da Costa. O seu mandato durou até a temporada 1988-1989, sendo relevado por Manuel Romero Lavandeira, que nada puido facer por evitar unha nova extinción polas dificultades para manter o equipo en competición.
Houbo directivos, como Antonio de Correos, Toñito Cundíns, Litos, Vitorio do Campo, Moncho do Zapateiro, Ricardo Vidal, Chucho da Marina o José Ramón do Caracas que traballaron arreo. Foron adestradores Chicho, Ernesto Rieiro, Manín, Celso Villar e Juan Cabrejo. Houbo xogadores sobresaíntes como Javier Antelo, Valiña, Anselmo, Nano, Pepiño Becerreiro e Ricardo Vía. Outros nomes importantes no club foran daquela Pachi de Baíñas (Pachanco), os utilleiros Moncho do Corcuso, Segundo Antelo e Jesús González (Chucho do Fidalgo).
III Etapa: 1995-actualidade Regresou á competición na temporada 1995-1996, co Concello como impulsor. É elixido presidente José Manuel Pereira Méndez e comeza a temporada en Terceira Rexional e ascenso a Segunda. Ramiro empezou á fronte do temón e logo foi substituído por Soto. Seguiron Juan Luis Gómez Fernández (Jota) á fronte da directiva da temporada 1996-1997 á 2007-2008, aínda que curiosamente os tres primeiros meses desta última campaña sería presidente José Soto Fernández. Na súa traxectoria como mandatario, Jota contou nas súas xuntas reitoras con entusiastas colaboradores que o axudaron durante ese tempo, como Antonio de Correos, Pastoriza, Anselmo, Francisco Sar, Carlos Gómez, Javier, Teté, Pedro, Mayor, Manuel Oanes. E así lograron estabilizar o equipo durante todo o mandato e o Soneira foi campión da Liga da Costa na campaña 2004-2005 e campión da Liga da Costa de xuvenís 2006-2007. Periscal, Manolín, Sieso, Berto, Cambeiro, Lavandeira-Lareiras, Bardanca, novamente Manolín e Braulio comandaron o equipo estes anos. En xuvenís, Ramiro, Michel e Luciano foron os preparadores.
Juan Silva Jallas tomou o relevo na presidencia e conseguiu os títulos da Copa da Costa, nas temporadas 2008-2009 e 2010-2011. Manolito Leis e Miguel Figueira estiveron á fronte dos banquiños. Substituíuno no cargo Eulogio Andrade Souto, que puxo a Felipe Candamo e José Ángel de preparadores.
En 2016 era presidente José Antonio Espasandín Trillo que, xusto o ano do 50 aniversario (celebrado o sábado 28 de maio de 2016 ), conseguiu o título de campión de Primeira Autonómica. Recuperou a Manolito Leis, que substituiría a José Ángel na anterior temporada. Míchel, Ramiro, Pastoriza, Lareiras, Manolito Leis, Manuel Ángel, Fernando, Alberto Vía e Richi son os xogadores destacados deste período.
Cadro histórico TempadaCategoríaPostoLiga da CostaCopa da CostaPresidenteAdestrador1965/66Manuel Antelo VarelaAlejandro Lemus Noya "Perucho"1966/67CampiónJosé María Pose Romero Jesús Pereiro Betanzos Alejandro Lemus Noya "Perucho"1967/68José María Pose RomeroFrancisco Miñones Trillo1968/69José María Pose RomeroFrancisco Miñones Trillo1969/70José Luis Mouzo RialSen adestrador fixoFóra das competicións1978/79José Antonio Ameijeiras Ramos Chicho Ernesto Riero Manín Celso Villar Juan Cabrejo1979/80José María Villar Costa1980/81Jesús Manuel Roget Barrientos1981/82Manuel Lavandeira Ínsua1982/83Emilio Díaz Zapata1983/84CampiónManuel Rodríguez Lema1984/85Manuel Rodríguez Lema1985/86Manuel Rodríguez Lema1986/87Manuel Rodríguez Lema1987/88Manuel Rodríguez Lema1988/89Manuel Romero LavandeiraFóra das competicións1995/963ª RexionalJosé Manuel Pereira Méndez Ramiro Soto1996/972ª RexionalJuan Luis Gómez FernándezPeriscal1997/98Juan Luis Gómez FernándezPeriscal1998/99Juan Luis Gómez FernándezManuel Oliveira Gómez "Manolín"1999/00Juan Luis Gómez FernándezSieso2000/01Juan Luis Gómez FernándezSieso2001/022ª RexionalJuan Luis Gómez Fernández Alberto Suárez Fuertes "Berto" Alfredo Cambeiro2002/03Juan Luis Gómez FernándezAlfredo Cambeiro2003/04Juan Luis Gómez FernándezJavier Bardanca2004/05CampiónJuan Luis Gómez FernándezManuel Oliveira Gómez "Manolín"2005/06Juan Luis Gómez FernándezManuel Oliveira Gómez "Manolín"2006/07Juan Luis Gómez FernándezAlfredo Cambeiro2007/08Juan Luis Gómez FernándezBraulio Vázquez Benítez2008/09CampiónJuan Silva JallasManuel Leis Maceiras2009/101ª Autonómica2º 10pxJuan Silva JallasManuel Leis Maceiras2010/11Preferente6ºCampiónJuan Silva JallasManuel Leis Maceiras2011/12Preferente13ºJuan Silva JallasManuel Leis Maceiras2012/13PreferenteEulogio AndradeFelipe Candamo2013/14Preferente Manuel Leis Maceiras Fran Urroa2014/151ª Autonómica José Ángel2015/161ª Autonómica1º 10pxJosé Antonio Espasandín TrilloManuel Leis Maceiras2016/17PreferenteManuel Leis Maceiras2017/181ª Autonómica—
Véxase tamén
Ligazóns externas El Soneira, una ilusión de 50 años Soneira de E. y D. (Vimianzo)
Categoría:Equipos de fútbol da provincia da Coruña Categoría:Deporte en Vimianzo