A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociacións deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zürich, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo. Ademais, a FIFA organiza os campionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.
A FIFA agrupa 209 asociacións ou federacións de fútbol de distintos países, contando con 17 países afiliados máis cá Organización das Nacións Unidas, e catro menos que a Federación Internacional de Baloncesto.
Organización O ingreso á FIFA está aberto a calquera asociación ou federación encargada de organizar o fútbol no seu país. Normalmente hai un só afiliado por estado, como no caso de Francia, España ou Portugal. Pero tamén se dan casos de asociacións de nacións sen estado, principalmente as británicas, Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte, por ser o Reino Unido o lugar onde naceu o fútbol moderno. Tamén atopamos, entre outras, as Illas Feroe, con selección independente de Dinamarca.
A nivel de continentes a FIFA ten afiliadas ás seguintes confederacións:
Confederación Continente Ano de fundación Confederación Suramericana de Fútbol (CONMEBOL) América do Sur 1916 Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (UEFA) Europa 1954 Confederación Asiática de Fútbol (AFC) Asia 1954 Confederación Africana de Fútbol (CAF) África 1957 Confederación de Fútbol de Norte, Centroamérica e o Caribe (CONCACAF) América do Norte, Central e Caribe 1961 Confederación de Fútbol de Oceanía (OFC) Oceanía 1966
Presidentes Nome Nacionalidade Período 1. Robert Guérin Francia 1904–1906 2. Daniel Burley Woolfall Inglaterra 1906–1918 3. Jules Rimet Francia 1921–1954* 4. Rodolphe Seeldrayers Bélxica 1954–1955 5. Arthur Drewry Inglaterra 1955–1961 6. Stanley Rous Inglaterra 1961–1974* 7. João Havelange Brasil 1974–1998* 8. Joseph Blatter Suíza 1998–2016 9. Gianni Infantino Italia 2016–presente
*Recibiu o título de presidente honorario posteriormente.
Torneos Desde a súa institución en 1904, a FIFA organizou un total de 16 torneos (FIFA competitions), dos cales 4 son no ámbito olímpico de acordo coa carta presentada polo Comité Olímpico Internacional, 1 no ámbito intercontinental e 11 no ámbito mundial (9 a nivel de seleccións e 2 a nivel de clubs).
Competicións masculinas TorneoÚltimo torneoCampión vixenteCopa Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 EspañaCopa Mundial de Fútbol Sub-20 Colombia 2011 BrasilCopa Mundial de Fútbol Sub-17 México 2011 MéxicoCopa Confederacións Suráfrica 2009 BrasilCampionato Mundial de fútbol sala da FIFA Tailandia 2012Copa Confederacións de fútbol sala Tailandia 2012Copa Mundial de fútbol praia da FIFA Libia 2009 IránTorneo Olímpico de Fútbol masculino Londres 2012Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol20px|border Singapur 2010 Bolivia Copa Mundial de Clubs da FIFA Xapón 2011 FC Barcelona
Competicións femininas TorneoÚltimo torneoCampión vixenteCopa Mundial Feminina de Fútbol Alemaña 2011 XapónCopa Mundial Feminina de Fútbol Sub-20 Xapón 2012Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-17 Acerbaixán 2012Torneo Olímpico de Fútbol feminino Londres 2012Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol20px|border Singapur 2010 Chile Copa Mundial de Clubs Feminina da FIFA Brasil 2012
Véxase tamén Outros artigos UIAFA Ligazóns externas Sitio web oficial da FIFA
Categoría:FIFA Categoría:Federacións de fútbol Categoría:Organizacións deportivas internacionais