miniatura|Empregados da Westinghouse co B-29 empregado para realizar as probas da estratovisión A estratovisión é a difusión de emisións de televisión desde avións a grande altitude que fan de estacións intermedias entre as emisoras ampliando o alcance das transmisións. Desenvolvemento O desenvolvemento debeuse á Westinghouse Electric Corporation que realizou os primeiros ensaios na primavera e verán de 1945 coa pretensión de conseguir un sistema barato de televisión e radio FM de costa a costa. En setembro de 1946 a compañía realizou con éxito probas cun aeroplano a 30.000 pés de altura. O 23 de xuño de 1948Early Electric Television realizouse a primeira demostración pública de estratovisión retransmitindo a convención republicana que emitía en directo a WMAR-TV en Baltimore sobre unha área de 845 km de diámetroScience Service dos estados de Pensilvania, Ohio, Nova York e Maryland. Ao longo de 1948 realizáronse un total de 37 que sumaron 164 horas de voo. Porén os problemas económicos: o custo de manter unha frota de avións e a súa tripulación no aire; técnicos: a antena situada no fondo do aeroplano tardaba hora e media en despregarse e dobrarse Jonathan Sterne "Television under construction: American television and the problem of distribution, 1926–62"; políticos: temor por parte de congresistas e estacións de televisión a que se convertese nun monopolioJohn M. Kittross e Christopher H. Sterling "Television frequency allocation policy in the United States"‬, páxina 223 e finalmente a finalización da conexión por cable coaxial entre a costa leste e a oeste que realizou ATT en 1949 levaron á Westinghouse a abandonar o proxecto.

Usos civís O 30 de setembro de 1954 Cuba utilizou un DC-3 para transmitir desde os Estados Unidos un partido do campionato de béisbol, foi a primeira transmisión extracontinental en directo,Guido Sapienza "Il sistema televisivo cubano", páxina 67.

Entre 1961 e 1968 a Mildwest Program on Airbone Television Instruction desenvolveu un servizo de televisión educativa catro días á semana dirixido a escolas de primaria e secundaria, en 1967 transmitía para 1770 colexios, que tiñan que pagar unha pequena cota por alumno.. Usos militares O exército norteamericano desenvolveu un servizo de estratovisión entre 1966 e 1972 en Vietnam do Sur, con dúas canles, unha para os soldados norteamericanos e outra para o público en xeral. miniatura|Militares a bordo do Lockheed EC-130 A 193d Special Operations Wing, unha unidade de operacións especiais da Garda Nacional Aérea de Pennsylvania é a encargada de operar o Lockheed EC-130 Commando Solo, unha versión do C-130 Hercules especialmente deseñada para realizar operacións psicolóxicas e misións de interferencia de frecuencias de radio e televisión, participou en 1994 na invasión norteamericana de Haití transmitindo mensaxes do presidente deposto Jean-Bertrand Aristide . En 1999 baixo cobertura da OTAN actuou durante o bombardeo de Iugoslavia interferindo as transmisións de televisión serbias The Institute of Communications Studies, University of Leeds e en 2003 en Iraq, emitiu a denominada Towards Freedom TV

Notas

Categoría:Historia da televisión Categoría:Aviación