Exipto Mons é unha montaña da lúa de Xúpiter, Ío. Ten 10 km de altura, e fai dela a 11ª montaña máis alta de Ío, máis alta co monte Everest. Segundo a U.S. Geological Survey ten un diámetro medio de 193,7 km, aínda que a Io Mountain Database dálle un longo de 133,8 km por 146 km de ancho. É un macizo montañoso escarpado, de forma moi irregular e dunha morfoloxía complexa. Cobre unha área duns 9.792 km² e está situado nas coordenadas 41,49° S 257,6° O. Ten unha escarpa na cara norte. Recibiu o nome de Exipto, en referencia ó lugar onde a mitolóxica Ío rematou a súa fuxida. Recibiu oficialmente o seu nome por parte da Unión Astronómica Internacional no ano 1997. Cara ao noroeste está Babbar Patera, e cara ao sueste está Hermes Mensa. Svarog Patera pode ser atopado cara ao suroeste.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mons Ío

Categoría:Ío Categoría:Montes extraterrestres