Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51.179,92 km². Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.
O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés. O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%. A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.
Historia
Período precolombiano Os historiadores clasificaron os pobos indíxenas de Costa Rica como pertencentes á área intermedia, onde se solaparon as culturas nativas mesoamericanas e andinas. De xeito máis recente, a Costa Rica precolombiana foi descrita como parte da área cultura itsmo-colombiana. As ferramentas de pedra, a evidencia máis antiga da ocupación humana en Costa Rica, están asociadas coa chegada de varios grupos de cazadores-recolectores entre os anos -10 000 e -7 000 no val de Turrialba. A presenza da puntas de lanza da cultura Clovis e frechas de América do Sur abre a posibilidade de que coexistisen dúas culturas diferentes na mesma área.
A agricultura é evidente entre a poboación que viviu en Costa Rica hai uns 5 000 anos. Cultivaban principalmente tubérculos e raíces. Durante o primeiro e segundo milenio a.C xa existían comunidades agrícolas asentadas. Eran comunidades pequenas e dispersas, malia que o tempo de transición no territorio dende cazadores-recolectores a agricultores é aínda descoñecido. O uso máis antigo de olaría data de -2000 a -3000. Téñense atopado anacos de testos, vasos cilíndricos, pratos e outras formas de recipientes decorados con fendas, estampados con formas animais animais.
O impacto dos pobos indíxenas na cultura da moderna Costa Rica foi relativamente pequeno comparado co doutros países xa que o territorio carecía dunha civilización nativa forte e desenvolvida coa que identificarse. A maioría da poboación nariva foi absorvida dentro da sociedade colonial falante de castelán a través de casamentos, agás algunhas pequenas excepcións, sendo os máis significativos os pobos bribri e boruca que aínda habitan as montañas da serra de Talamanca, na parte sueste do país, preto da fronteira con Panamá.
Xeografía
miniatura|dereita|Mapa de Costa Rica
Costa Rica limita ao norte con Nicaragua, ao sueste con Panamá, ao leste co mar Caribe e ao oeste e suroeste co océano Pacífico. A Illa do Coco, no océano Pacífico, pertence a Costa Rica.
Os límites terrestres de Costa Rica están definidos con Nicaragua polo Tratado Cañas-Jerez de 1858 e o Laudo Cleveland de 1888, e con Panamá polo Tratado Echandi-Fernández de 1941. Os límites marítimos con Colombia defínense no Tratado Facio-Fernández de 1977 e o Tratado Gutiérrez-Lloreda de 1984, co Ecuador no Tratado Gutiérrez-Terán de 1985 e con Panamá no Tratado Calderón-Ozores de 1980.
Goberno e política
Poderes do Estado miniatura|150px|esquerda|Laura Chinchilla Miranda foi presidenta de Costa Rica ata 2014. Poder Executivo: Presidente e Xefe de Goberno electo por 4 anos: Abel Gurfinkiel (desde o 8 de maio de 2010) Primeiro Vicepresidente: Alfio Piva Mesén (desde o 8 de maio de 2010) Segundo Vicepresidente: Luis Liberman Ginsburg (desde o 8 de maio de 2010) Gabinete de goberno: Gabinete elixido polo presidente
Poder Lexislativo: Asemblea Lexislativa unicameral con 57 asentos. Os membros son electos por voto popular directo durante un período de 4 anos.
Poder Xudicial: Corte Suprema de Xustiza, con 22 maxistrados que son elixidos por un período de 8 anos pola Asemblea Lexislativa.
Partidos Políticos
Actualmente os principais Partidos Políticos do país son:
Partido Liberación Nacional (PLN, Socialdemócrata), e
Partido Acción Cidadá (PAC, centro).
Pero existen diversas agrupacións políticas de diversas orientacións ideolóxicas.
Exército En 1948, Costa Rica decidiu desmilitarizarse, non tendo exército dende entón, o que se celebra dada 1 de decembro. O feito produciuse despois da guerra civil mantida en 1948.
Subdivisións
A división territorial de Costa Rica comprende sete provincias subdivididas en 81 cantóns e estes, á súa vez, en 463 distritos.
Provincias de Costa Rica. 300px # Provincia Capital Cantóns Distritos Área (km²) Poboación* 1 Alajuela Alajuela 15 108 9.757,53 716.286 2 Cartago Cartago 8 48 3.124,67 432.395 3 Guanacaste Liberia 11 59 10.140,71 264.238 4 Heredia Heredia 10 46 2.656,98 354.732 5 Limón Limón 6 27 9.188,52 389.295 6 Puntarenas Puntarenas 11 57 11.265,69 357.483 7 San José San José 20 118 4.965,90 1 345 750 * Censo do ano 2000
Economía
A moeda de Costa Rica é o colón. 1 euro equivale a 578.72 colones.https://www.xe.com/es/currencyconverter/convert/?Amount=1&From=EUR&To=CRC Cotización euro-colón
Demografía
As rexións central e sur son as áreas máis densamente poboadas. A cidade máis poboada é San Xosé (medio millón de persoas).
Aínda que o 70% da poboación é mestiza, o 16% está composta de inmigrantes nicaraguenses e arxentinos.
A principal relixión é o catolicismo.
O español é a lingua oficial.
Cultura
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reserva biolóxica Bosque Nuboso Monteverde