Jimena de la FronteraA locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina. é un concello da provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situada na comarca de Campo de Xibraltar, a 112 km da capital provincial, Cádiz.

O municipio ten catro localidades: Jimena de la Frontera, Los Ángeles ou Estación de Jimena, San Pablo de Buceite e San Martín del Tesorillo. O seu territorio, situado entre a Baía de Alxeciras e a Serranía de Ronda, está incluído no Parque Natural dos Alcornocales (corticeiras).

Limita polo norte coas localidades de Cortes de la Frontera e Gaucín (ambas da provincia de Málaga), polo sur con Castellar de la Frontera e San Roque, polo leste coas poboacións de Málaga de Gaucín e Casares, e polo oeste con Alcalá de los Gazules.

Xeografía Jimena de la Frontera sitúase na zona oriental da provincia, no interior da comarca do Campo de Xibraltar, na estrada San Roque-Ronda. Áchase veciña á provincia de Málaga, sendo o límite efectivo da provincia de Cádiz con esta. A súa localización entre a Serranía de Ronda e a Baía de Alxeciras conserva unha dos paraxes de bosque mediterráneo máis importantes do sur de Europa: o Parque Natural das Corticeiras.

O territorio de Jimena está situado ao norte do Campo de Xibraltar, polo que as súas terras non tocan o mar, co que se comunica a través do río Guadarranque, que nace no sueste do concello. Outro río que transcorre polo municipio é o río Guadiaro, e o río Hozgarganta, que xunto a numerosos afluentes de escaso caudal configuran a rede hidrolóxica do municipio.

250px|miniatura|Jimena desde o castelo.

Xeoloxicamente pertence ao denominado complexo do Campo de Xibraltar. Estes terreos, compostos de arxilas e arenitas do Cretáceo e Mioceno Inferior, foron depositados en ambientes oceánicos e postoceánicos e dobrados, levantados e trasladados durante o período cuaternario na oroxenia alpina.

Case as dúas terceiras partes do seu termo municipal pertence ao "Parque Natural Los Alcornocales" de orografía cha e clima benigno. A zona sueste, fóra do parque, está formada por un conxunto de curutos de onde saen as augas que orixinan os regos que se unirán ao Guadarranque.

Demografía

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística, referidos ao 1 de xaneiro de 2009Instituto Nacional de Estadística, Cifras de poboación referidas ao 01/01/2009 Real Decreto 1918/2009, de 11 de decembro , tiña 10.431 habitantes. A súa extensión superficial é de 347 km² e ten unha densidade de 29,88 hab/km². Evolución da poboación desde 1900.

Política

O alcalde de Jimena de la Frontera é Pascual Collado Saraiva, do PSOE, que obtivo a maioría nas eleccións municipais de 2007. Substitúe a Ildefonso Gómez Ramos, do mesmo partido político.

+ Eleccións municipaisAnosPartidos políticos% VotosConcelleiros2007PSOE

PA

PP49,48%

19,71%

19,23% 2772

1104

10777

3

32003PSOE

PA

PP51,15%

31,6%

16,03% 2687

1660

8427

4

21999PSOE

PA

PP

IU57,98%

19,77%

12,53%

8,78%2965

1011

641

4498

3

1

11995PSOE

PAP

PP

IU

PA60,40%

14,57%

12,18%

11,20%

0,42%3019

728

609

560

219

2

1

1

0

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Estadística económica de Jimena de la Frontera - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía

Categoría:Concellos da provincia de Cádiz