Atenas () é a capital da Grecia e tamén a capital da rexión de Ática. Ademais de ser unha cidade moderna, Atenas tamén é famosa por ter sido unha poderosa cidade estado da Grecia Antiga e un centro de cultura moi importante na Idade Antiga.
En grego antigo, Atenas era chamada Athenai (Αθήναι) e, no século XIX, este nome foi retomado formalmente como nome da cidade. Desde o abandono oficial do grego Katharevousa na década de 1970, a forma popular Athina converteuse no nome oficial da cidade.
Xeografía miniatura|esquerda|Vista nocturna da Acrópole de Atenas. Incluíndo os suburbios, Atenas ten unha poboación de máis de 4 millóns de habitantes, case un terzo da poboación total da Grecia. Atenas creceu rapidamente nos últimos anos e ven sufrindo problemas urbanos como superpoboación, atascos e polución do aire.
Atenas espállase pola planicie central de Ática, limitada ao oeste polo monte Aegaleo, ao norte polo monte Parnita, ao nordeste polo monte Penteli, ao leste polo monte Hímetus, e ao suroeste polo golfo Sarónico. Atenas expandiuse de modo que cubriu toda a planicie, sendo, por tanto, pouco probábel que a cidade medre en área de forma significativa no futuro debido as fronteiras naturais. A xeomorfoloxía de Atenas causa frecuentemente fenómenos de inversións térmicas, parcialmente causadas polo problema de polución (Os Ánxeles posúe unha xeomorfoloxía semellante e problemas decorrentes semellantes).
A terra é rochosa e de baixa fertilidade. O antigo local da cidade estaba centrado no outeiro rochoso da Acrópole. En tempos antigos, o porto de Piraeus (nome moderno: Pireas) era unha cidade á parte, sendo actualmente parte da grande Atenas.
O centro da cidade é a Praza Sintagma (Praza da Constitución), diante do antigo Pazo Real hoxe Parlamento de Grecia e con outros edificios públicos do século XIX. A maioría das partes antigas da cidade concéntranse ao redor deste centro.
Atenas foi sede dos Xogos Olímpicos de 2004, así como dos primeiros xogos olímpicos modernos, os xogos de Atenas, en 1896, e as olimpíadas intermedias de 1906.
Historia A historia de Atenas representa a da polis por antonomasia, o berce e creación en Europa, e por extensión na civilización occidental, dese complexo organismo coñecido como cidade. Dito nacemento tivo lugar ao primeiro entre as brétemas do mito e a historia.
Prehistoria Do final do Neolítico, concretamente de 5520 - 4900 a. C., aparecen vasillas na rexión da Ática e cara ao 3500 - 3200 a. C. deberon existir os primeiros asentamentos na Acrópole, outeiro rochoso de fácil defensa e con mananciais no medio dunha chaira tamén rica en correntes de auga, asentamentos que se mantiveron no bronce temperán e medio (3000 - 1500 a. C.)Planta da Acrópole coa posición dos achados neolíticos; Archaeology of the city of Athens, varios autores . Semella que primeiro ocuparon as ladeiras do noroeste e suroeste e despois (3200 - 2000 a. C.) xa a cima cha do monte, rentes do terreo do posterior Erecteion.
Seica houbo outro asentamento contemporáneo no veciño outeiro do Olimpeión (despois arrasado para a construción do templo homónimo). Tamén nesta época aparece un primitivo camiño cara ao noroeste (Vía das Panateneas na ágora en época clásica, onde asemade houbo un asentamento entre 2000 - 1500 a. C.).
Atenas micénica En torno a 1400 a. C. o influxo da veciña cultura Micénica levou aos diferentes asentamentos da área ateniense a unha época de desenvolvemento e prosperidade, especialmente no sur da Acrópole. Especúlase coa característica distribución da poboación en diferentes aldeas coma posible orixe do nome da cidade en plural (Athenai, "as Atenas"). En todo caso arredor dun centro, o localizado no cumio do outeiro.
Alí vai aparecer a primeira estrutura de poder, un megarón (pazo micénico), en volta do 1300 a. C. E de seguido fortifícase con murallas ciclópeas a meseta, engadindo embaixo outra que protexía o acceso oeste (enneapylon, nove portas). É o tempo dos míticos reis atenienses, de Cécrope ou Erecteo, fundadores, a Exeo e o seu fillo TeseoRecreación da Acrópole micénica co Megaron dende o oeste; Ancient Athens 3D, Dimitris Tsalkanis O pazo micénico visto dende o leste; ibídem, D.Tsalkanis. Ese mito foi alimentado nos séculos escuros que viñeron despois de 1200 a. C. cun despoboamento e empobrecemento progresivos tralo colapso da civilización micénica (invasión dos dorios; Pobos do Mar).
Poucos son os datos da Idade Escura. Seica a ocupación da área da posterior ágora foi sistemática e crecente. Tamén nesta época (comezos do século IX a. C.) semella terse consolidado o proceso coñecido coma sinecismo, ou cohabitación, unión do patrón histórico de múltiples núcleos na chaira ateniense nunha soa entidade política, a cidade estado (século VIII a. C.).
A creación da polis A recuperación económica coa volta das relacións comerciais no mar Exeo acompañou o proceso antedito. Tamén a cultura da man da escritura (a figura senlleira de Homero) e as demais artes.
Un primeiro e pequeno templo dedicado a Atenea foi construído na Acrópole no lugar do arruinado pazo micénico; ademais, outros altares de culto e tumbas dos míticos fundadores da cidade mostran o cambio de uso da meseta de residencial a sacro. O século VII a. C. viu unha súbita interrupción da bonanza (talvez unha seca con fame e epidemias), pero sobre todo o fin da monarquía (683 a. C.) e a súa substitución pola orixinal estrutura social e de goberno que inda hoxe cimenta a nosa tradición intelectual: unha democracia de corte aristocrático con institucións que se reúnen en edificios ou prazas públicas: pritaneo, buleterion e ágora (en Atenas a asemblea de cidadáns reunirase, despois do 500 a. C., no monte Pnice situado xunto ao outeiro do Areópago onde o tribunal de xustiza tiña a súa sede, ambos a carón da Acrópole polo oeste). Pronto recopiouse un corpo escrito de leis ou constitución (Dracón e Solón, arredor do 600 a. C.).
Precisamente baixo Solón iníciase o traslado da ágora vella da aba norte da Acrópole (ágora de Teseo, da que pouco se coñece e algúns investigadores sitúan ao leste preto do Olimpeión) á súa posición clásica no noroeste, onde de sempre houbera un asentamento, por ser o paso da arteria principal (vía das Panateneas) e cruzamento de camiños da vila. Co tirano Pisístrato e os seus sucesores (segunda metade do século VI a. C.) continúase ese labor e outros que contribúen ao enriquecemento da forma e imaxe da cidade.
Na Acrópole ten lugar unha grande actividade construtora. Antes do 625 a. C. o ancestral pequeno templo de Atenea é substituído por un novo en pedra, o antigo templo de Atenea Polias (protectora da polis) que se vai reformando e enriquecendo ao longo do século VI a. C. (580 a. C. e 520 a. C. períptero). Ao seu carón, en paralelo polo sur, eríxese tamén na primeira metade do mesmo século o Hecatompedón, substituído antes do 500 a. C. por un primeiro Pre-Partenón infrutuoso e pouco despois por un segundo (490 a. C.Plantas comparativas do Pre-Partenón I e II co templo clásico (III) ) cuxa construción quedou interrompida pola invasión persaEsquema cos sucesivos templos na cima da Acrópole (ao fondo os Propileos)A1 ancestral templo de Atenea s.VIII aCA2 Antigo Templo de Atenea Polias a.625-520 aCE ErecteiónU Hecatompedón 570-566 aCn1 Pre-Partenón I a.500 aCn2 Pre-Partenón II 490 aCn Partenón Recreación da Acrópole antes da destrución persa vista dende o noroeste: O Templo de Atenea Polias a esquerdae o Pre-Partenón II en construción a dereita; ao fondo tamén en obra o Olimpeión . Ao recinto sacro dáselle unha entrada monumental (primitivos Propileos, de 575 - 550 a. C. ata 480 a. C.), e o conxunto da cidade arrodéase dunha primeira muralla (560 - 510 a. C., 60 ha) que inclúe a grande expansión do norte en torno á nova ágora Vista da Atenas do século VI aC dende o noroeste: a ágora en primeiro termo, ao fondo o Templo de Atenea Polias dominando a Acrópole; ibídem, D.Tsalkanis .
Fóra de murallas, ao sueste da Acrópole, eríxese no último cuarto do século VI a. C. o xigantesco Olimpeión (Templo de Zeus Olímpico, rematado en época romana). E a considerable distancia arredor da vila son fundadas a cargo do estado as gymnasia da Academia, o Liceo e o Kynosarges, de tanta importancia cultural na época helenística.
Esplendor da Atenas de Pericles miniatura|dereita|500px|Vista da Acrópole no tempo de Pericles.
En 479 a. C., no fragor das guerras médicas, os persas destruíron a cidade arrasando os templos da Acrópole. Pero a vitoria final decantouse do lado grego coa hexemonía indiscutible de Atenas, que se converte nunha potencia marítima (porto do Pireo). O feito apuntalou a democracia coma forma exitosa de goberno da cidade-estado.
De seguido iniciouse a tarefa de reconstrución sostida pola riqueza engadida das minas de prata de Laureión recentemente descubertas. Denantes as defensas da cidade cun cinto de murallas moito máis amplo (murallas de Temístocles, 250 ha) para acoller o grande incremento de poboación do rural da Ática transformada de agricultores en cidadáns da polis. Temístocles e despois Cimón tamén fortifican a ruta entre Atenas e os seus portos (o novo do Pireo e o primitivo de FaleroMuros Longos entre Atenas e o Pireo; nótese o plan reticular de Hipódamo de Mileto para esta última ). Ademais fornecen a Acrópole dun novo muro de contención no canto do micénico.
Precisamente sobre eses novos baseamentos o sucesor de Cimón, Pericles, vai erixir a obra inicial e cumio dun gran proxecto edilicio e artístico sen precedentes. No 447 a. C. comezan as obras do Partenón (gran templo de Atenea Partenos, "a virxe", do arquitecto Ictino que albergaba a enorme estatua criselefantina de Fidias) segundo un plan premeditado para o conxunto da meseta sacra e onde cabe citar outras obras fundamentais para a historia da arquitectura: unha nova entrada monumental (Propileos de Mnesicles) que centra o eixo do recinto; antes da entrada, ao seu carón, o pequeno pero espléndido templo xónico de Atenea Niké ("a vitoriosa") de Calícrates; xunto as ruínas do antigo templo de Atenea Polias, o Erecteión, sobor da tumba e altar do lendario fundador da cidade; finalmente entre os Propileos e os templos levantábase a colosal estatua en bronce de Atenea Promakos tamén de Fidias, os reflexos de cuxo helmo disque era o primeiro que os navíos que se achegaban polo Exeo vían da metrópole Reconstrución a vista de paxaro do conxunto da Acrópole en época clásica .
Na cidade baixa, a ágora reconstrúese con stoás (paseos porticados con tendas), un novo buleterion e un gran templo no alto presidindo o conxunto, o Hefestión (inda que anterior ao plan de Pericles; foi chamado Teseión na época moderna) Recreación da vía das Panateneas dende a ágora clásica ata a Dipilón (barrio de Kerámikos) Vista do lado occidental da ágora clásica co Hefestión ao fondo; Ancient Athens 3D, D.Tsalkanis . A vía das Panateneas amplíase rectiliñamente ("dromos"), 20 m de ancho e seica con galerías comerciais, ata a nova muralla (barrio de Cerámicos) onde ábrense as portas máis importantes de Atenas: Dipilón e Sacra. Da primeira continuaba a vía ata a Academia, vía que convértese no lugar dos monumentos funerarios dos soldados e cidadáns egrexios do estado. Da segunda partía a homónima Vía Sacra ata Eleusis.
Por último na aba sur da Acrópole cabe destacar, inda que desaparecidos, os escenarios dos máis importantes acontecementos culturais do século: o Odeón de Pericles para as festas das Panateneas e o Teatro de Dioniso (agrandado en pedra no século IV a. C.) onde tiveron lugar as representacións das obras de Esquilo, Sófocles, Eurípides e Aristófanes.
As guerras do Peloponeso contra Esparta xunto a unha terrible epidemia de tifo que supuxo a morte mesmo de Pericles (430 a. C.) e a derrota final ateniense (404 a. C.) remataron un dos períodos máis esplendorosos da Historia Recreación da Atenas clásica a vista de paxaro con paseo virtual; Univ. de Minesota .
Época helenística