O piñeiro rubio ou piñeiro silvestreVocabulario forestal (galego-español-inglés), p. 164 (USC, 2012). Recolle como sinónimos piñeiro rubio e piñeiro silvestre. (Pinus sylvestris L.) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne. As acículas son moi curtas en comparación co piñeiro bravo (de 4 a 6 cm de lonxitude), ao igual que as piñas (de 5 a 6 centímetros). Os piñóns raramente pasan os 5 mm e a súa á abrangue entre os 12 e 17 mm. Recibe o seu nome común da cor encarnada da súa casca na parte superior do tronco (nas partes máis baixas ten tonalidade parda), a súa principal característica distintiva.

Especie clímax en Galiza no Cuaternario, na actualidade só se atopa nas zonas máis altas grazas a labores de repoboación. A súa madeira é de boa calidade.

Distribución e hábitat Árbore moi común no Hemisferio Norte, estendéndose por Eurasia en rexións relativamente frías. Vai dende Escocia (tamén chamado piñeiro de Escocia) e a Península Ibérica polo oeste até Siberia e as montañas do Cáucaso polo leste, e dende Laponia polo norte até Serra Nevada polo sur. No norte da súa distribución espállase dende o nivel do mar até os 1.000 m, mentres que no sur se desenvolve nas montañas en altitudes comprendidas entre os 800 e os 2.400 msnm. Atópase cultivado amplamente en Nova Zelandia e en moitas das rexións máis frías de América do Norte. Atópase catalogado como unha "especie invasora" nalgunhas zonas norteamericanas, nas que se inclúe Ontario e Wisconsin. miniatura|dereita|As follas do piñeiro rubio fican helicoidalmente tortas e van unidas en parellas por unha vaíña. miniatura|dereita|A casca do Pinus sylvestris é arroibada na parte alta do toro. miniatura|dereita|Monte alto de piñeiro rubio na chaira padana, no norte de Italia. Aí o piñeiro rubio medra en terreos pobres e bastante secos, mentres que en terreos fértiles e frescos hai carballeiras.

Descrición miniatura|Conos maduros abertos e sementes. O piñeiro rubio pode acadar os 30 m de altura por uns 5 metros de circunferencia, chegando a crecer 6 metros de alto en 10 anos. A súa copa é de forma cónica de novo para despois de adulto pasar a ser irregular, larga e deprimida, de novo presenta un tronco vestido que de adulto pasa a ser espido.

As follas son simples, agrupadas de dúas en dúas, aciculares, rexas, punzantes, curtas, de 3 a 7 cm de lonxitude, de sección semicircular, arredondadas no dorso, finalmente dentadas. As flores ou estróbilos femininos son conos de forma oblonga, de cor castaña, apófise pouco saínte, desprovista de umbo espiñento, pequenos, de 3 a 6 cm de longo, reunidos en grupos de 2 a 3, caedizos, xa que apenas maduran. Os piñóns, que son as sementes, son miúdos, dotadas dunha á.

Atura o pleno sol, non así coa sombra; adáptase a todo tipo de solo agás os asolagados mais si os húmidos, mellor canto máis fértiles e profundos que garantes un bo desenvolvemento, resiste a seca. Non atura a polución e non vive moito tempo en competencia con outras especies que o superen en altura. Resiste invernos moi fríos.

Taxonomía Pinus sylvestris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1000. 1753. Etimoloxía O seu nome xenérico procede do latín pinus (piñeiro). O nome específico sylvestris: epíteto latino que significa "dos bosques, silvestre, bravo".En Epítetos Botánicos Sinonimia Pinus binatofolio Gilib. Pinus borealis Salisb. Pinus cretacea Kalen. Pinus ericetorum Thore Pinus erzeroomica Calvert ex Gordon Pinus fominii Kondr. Pinus frieseana Wich. Pinus genevensis Carrière Pinus genovensis Garsault Pinus hagenaviensis K.Koch Pinus krylovii Serg. & Kondr. Pinus lapponica (Hartm.) Mayr Pinus montana Hoffm. Pinus mughus Jacq. Pinus resinosa Savi Pinus rigensis Loudon Pinus rubra Mill. Pinus scariosa Lodd. ex Loudon Pinus tartarica Mill. en PlantList

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía VV.AA. (2006). Árbores de Galiza. Edicións A Nosa Terra. García, Xosé Ramón (2008). Guía das plantas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia.

rubio, Piñeiro Categoría:Árbores forestais Categoría:Madeiras Categoría:Flora de Europa Categoría:Taxons descritos por Linné