"Amor Prohibido" é unha canción pop da cantante pop mexicana Selena. É o primeiro sinxelo do seu álbum homónimo, de 1994. Estreouse como sinxelo principal a través do selo EMI Latin o 13 de abril de 1994. Foi escrita por Selena, o seu irmán e produtor musical A. B. Quintanilla e o corista da banda de Selena, Pete Astudillo. Os temas da letra de "Amor Prohibido" foron analizados por autores, musicólogos e xornalistas, quen os considerou relevantes para os problemas que enfronta a comunidade LGBT. Unha interpretación popular compara a letra con Romeu e Xulieta. A canción foi premiada no concurso "Regional Mexican Songs of The Year" en 1995.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Sinxelos de 2012 Categoría:Cancións de Selena