Pedro Manuel Cardoso Piçarra Morais Afonso, nado en Lisboa o 25 de febreiro de 1982 é un xogador portugués de hóckey a patíns que ocupa a posición de defensa-medio. Actualmente xoga no Candelária Sport Clube portugués.
Traxectoria Debutou no CD Paço d'Arcos na tempada 2001-02 (xogando no equipo sénior e no júnior), a este club estivo ligado ata a tempada 2004-05, na que fichou polo SL Benfica, no que xogou tres tempadas ata que foi cedido ao Candelária, no que xogaría dúas tempadas ata o seu retorno ao Benfica na tempada 2009-10. No verán do 2010 asinou polo H.C. Liceo, club no que militou durante unha tempada, volvendo para a tempada 2011-12 ao club dos Azores.
Vestiu a camisola da selección portuguesa en máis 50 ocasións e gañou diversos títulos, tanto en categorías inferiores como en categoría sénior.
Equipos CD Paço d'Arcos: 1999-2000 á 2001-2002 (júnior) CD Paço d'Arcos: 2001-2002 á 2003-2004 SL Benfica: 2004-05 á 2006-07 Candelária Sport Clube: 2007-08 á 2008-09 SL Benfica: 2009-10 H.C. Liceo: 2010-11 Candelária Sport Clube: dende 2011-12
Títulos SL Benfica 1 Copa de Portugal: 2009-10
HC Liceo 1 Copa de Europa: 2010-11
Selección portuguesa 1 Copa Latina 1 Torneo das Nacións de Montreux (2009) 2 Campionatos de Europa en categorías inferiores (1998 e 2000)
Véxase tamén
Ligazóns externas Pedro Afonso na web do Liceo Pedro Afonso en www.mundook.net
Afonso, Pedro Afonso, Pedro Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1982