O océano Antártico, tamén coñecido como océano Glacial Antártico ou océano Austral (Southern Ocean en inglés), é o nome dado ao conxunto das augas que bañan o continente Antártico, que na realidade constitúen o prolongamento meridional dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico. Moitos científicos, oceanógrafos e xeógrafos, non recoñecen a existencia do océano Antártico, considerándoo como unha conxunción de partes dos outros océanos.
O océano Antártico esténdese desde a costa antártica até os 60° S, límite convencional cos tres océanos mencionados. É o penúltimo océano en extensión (só o océano Ártico é menor). Formalmente, a súa extensión foi definida pola Organización Hidrográfica Internacional (IHO) no ano 2000 e coincide cos límites fixados polo Tratado Antártico, mais a decisión non foi ratificada. Outros toman como límite natural do océano Antártico a estacional e flutuante converxencia antártica.
Existencia e definicións miniatura|esquerda|Mapa de 1863 que mostra o océano Antártico (Southern Ocean) estendido ata as costas de Australia.
A Organización Hidrográfica Internacional (IHO) é o organismo competente en fixar os bordos e dar nome aos océanos e mares. Isto recóllese na súa publicación "Límites dos océanos e mares" (Limits of Oceans and Seas, en inglés). Nas dúas primeiras edicións de 1928 e 1937 recoñecíase a existencia dun océano que bordea a Antártida. Porén, na terceira edición de 1953 omitiuse a existencia deste océano, ampliando os límites dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico ata as costas do continente antártico. As razóns para non considerar a existencia dun océano austral foron a flutuación estacional dos seus límites hidrográficos do norte, e para contentar aos científicos que crían que un océano debería definirse como "auga rodeada por terra" e non "auga que rodea a terra". Porén dábase liberdade ás oficinas hidrográficas dos estados membros para considerar a existencia deste océano e definir os seus propios límites, así o Reino Unido utilizou o paralelo 55°S como límite setentrional deste océano.
A redefinición do océano foi abordada de novo pola IHO no ano 2000 enviando unha enquisa aos 68 países membros. Responderon 28, dos que só a Arxentina rexeitou a proposta. Canto ao nome, a opción maioritaria foi a de "océano do Sur" (Southern Ocean en inglés) elixida por 18 dos países que responderon afirmativamente, fronte a alternativa de "océano Antártico", a pesar de que este nome é o máis común en moitas linguas. A metade dos votos apoiaban que o límite do océano fose o paralelo 60ºS, un paralelo que non toca terra. Outros límites tiveron 14 votos, principalmente o paralelo 50ºS, e ata houbo algún voto para límites moi setentrionais, como o paralelo 35ºS.
Baseándose na enquisa do ano 2000, a IHO incluíu o océano e os seus bordos setentrionais nos 60ºS, mais isto non foi formalmente adoptado debido a disputas dos nomes doutras áreas marítimas, como a existente sobre o mar do Xapón, que impediron o lanzamento dunha nova edición de Limits of oceans and seas. Con todo, circula un bosquexo de 2002 dunha nova edición que é usada pola IHO e algunhas organizacións como a CIA estadounidense.
En Australia, as autoridades cartográficas definen o océano Antártico incluíndo toda a masa de auga entre a Antártida e as costas do sur de Australia e Nova Zelandia, aínda que as autoridades de Nova Zelandia non seguen xeralmente esta definición. Os mapas costeiros de Tasmania e Australia Meridional chaman o seu mar como Southern Ocean, mentres que o cabo de Leeuwin en Australia Occidental é descrito como o punto no que se atopan os océanos Índico e Antártico.
A National Geographic Society non recoñece o océano, representándoo, como moito, cun tipo de letra diferente á dos outros océanos. No seu lugar, mostra o Pacífico, Atlántico e Índico estendéndose ata Antártida, tanto nos mapas impresos como nos en liña. Porén, en contra do que di o seu libro de estilo, nalgúns blogs de National Geographic úsase o termo.
Historia das exploracións antárticas Primeiras expedicións miniatura|Mapamundi de Abraham Ortelius (1570) que une a Antártida con Australia. No Mundo occidental, a crenza nunha Terra Australis -un vasto continente localizado no extremo sur do globo terrestre para "equilibrar" ás vastas terras do norte: Europa, Asia e África do Norte- existiu xa desde os tempos de Tolomeo (100-178). A circunnavegación do cabo de Boa Esperanza en 1487 por Bartolomeu Dias atraeu por primeira vez os exploradores dentro da zona da fría Antártida, feito que demostrou que había un océano que separaba África de calquera terra da Antártida que puidese existir. Fernão de Magalhães , que pasou polo estreito de Magallanes en 1520, asumiu que as illas da Terra do Fogo, ao sur eran unha extensión desta terra austral descoñecida. En 1564, Abraham Ortelius publicou o seu primeiro mapa, Typus Orbis Terrarum, un mapa mural de oito follas do mundo, no que se identificaba a Regio Patalis e a rexión de Locach como unha extensión cara ao norte da Terra Australis, chegando ata a Illa de Nova Guinea.Joost Depuydt, ‘Abraham Ortelius (1527–1598)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004Peter Barber, "Ortelius' great world map", National Library of Australia, Mapping our World: Terra Incognita to Australia, Canberra, National Library of Australia, 2013, p.95.
Os xeógrafos europeos continuaron a conectar nos seus globos terrestres a costa da Terra do Fogo coa costa de Nova Guinea, deixando desbocar as súas imaxinacións no vasto espazo ao sur dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico para bosquexar os bordos da Terra Australis Incognita ("A descoñecida terra do sur"), un vasto continente que nalgunhas partes chegaba aos trópicos. A busca desta gran terra ao sur motivou a exploradores do século e dos primeiros anos do .
O español Gabriel de Castilla, quen afirmou en 1603 que vira montañas nevadas máis ao sur do paralelo 64ºS, recoñécese como o primeiro explorador que descubriu o continente antártico, aínda que foi ignorado no seu tempo. En 1606, Pedro Fernández de Quirós tomou posesión, en nome do rei de España, de todas as terras que descubriu en Australia do Espírito Santo (o actual Vanuatu) e aquelas que descubriría "mesmo ata o Polo"
Francis Drake, ao igual que os exploradores españois anteriores, pensaba que debería haber un canal aberto ao sur da Terra do Fogo. En 1615 Willem Schouten e Jacob Le Maire descubriron o Cabo de Fornos, extremo sur da Terra do Fogo, demostrando así que o arquipélago da Terra do Fogo non estaba conectado á terra do sur, como se pensaba. Posteriormente, en 1642, Abel Tasman mostrou que mesmo Nova Holanda (Australia) estaba separada polo mar de calquera continente ao sur. miniatura|dereita|Retrato de Edmund Halley por Thomas Murray, c. 1687.
A visita a Xeorxia do Sur de Anthony de la Roché en 1675 foi a primeira expedición máis ao sur da converxencia antártica. Xusto despois da viaxe, os cartógrafos empezaron a nomear a illa co seu nome para recoñecer o seu descubrimento.
Século XVIII En xaneiro de 1700, durante unha viaxe de investigacións magnéticas ao Atlántico Sur, Edmond Halley atopouse con placas de xeo na latitude de 52ºS, no punto máis meridional que acadou (unhas 140 millas ao norte da illa de Xeorxia do Sur). A expedición que organizou o oficial naval francés Jean-Baptiste Charles Bouvet de Lozier para descubrir a "Terra do Sur", descrita polo medio lendario "sieur de Gonneyville", tivo como consecuencia o achado da illa Bouvet na latitude 54°10′ S en 1730.
En 1771, Yves Joseph Kerguelen viaxou desde Francia ata o Índico con instrucións para a busca ao sur da illa Mauricio dun "continente moi grande". Atopou unha terra no paralelo 50° S que chamou Francia do Sur e creu ser a masa central do continente ao sur. Foi enviado de novo para completar a exploración da nova terra, mais resultou que non había máis terra que a descuberta na anterior viaxe: unha illa inhospitalaria que rebautizou co nome de Illa Desolación, aínda que posteriormente foi renomeada co seu nome (Illas Kerguelen).
miniatura|esquerda|200px|Retrato de James Cook, quen probou coas súas viaxes que as augas rodeaban completamente as latitudes meridionais do globo. James Cook foi o primeiro en atravesar o Círculo polar antártico o 17 de xaneiro de 1773, chegando á latitude nos , onde os seus dous barcos foron detidos polo xeo. Cook volveu a atravesar o Círculo Polar Antártico o 20 de decembro de 1773, permanecendo máis ao sur del durante tres días, e alcanzando a latitude antes de retornar ao norte no meridiano 135° W. Un longo desvío ata os serviulle a Cook para mostrar que non había conexión terrestre entre Nova Zelandia e Terra do Fogo; xirando de novo cara ao sur, atravesou por terceira vez o Círculo Antártico na latitude , chegando, antes de que os xeos frearan o seu avance catro días despois, os nos . Este punto, acadado o 30 de xaneiro de 1774, foi o máis meridional ao que se chegou no século XVIII.
Século XIX miniatura|200px|Fabian Gottlieb von Bellingshausen. A primeira vez que se avistou terra firme máis ao sur do paralelo 60º S foi o 19 de febreiro de 1819, cando o inglés William Smith divisou a illa Livingston. Poucos meses despois, Smith volveu para explorar as outras illas do arquipélago das Shetland do Sur, desembarcando na illa Rei Xurxo e reclamando para o Reino Unido a soberanía sobre os novos territorios. O primeiro avistamento do continente antártico non se pode atribuír a unha única persoa. Porén, pódese reducir a busca a tres personaxes. Segundo varias fontes, tres homes avistarían o manto de xeo ou o continente antártico dentro dun período de días ou meses en 1820: Fabian von Bellingshausen, un capitán da mariña imperial rusa; Edward Bransfield, capitán da armada británica; e Nathaniel Palmer, un cazador baleeiro estadounidense.
Entre 1822 e 1824, unha expedición comandada por James Weddell a bordo do bergantín Jane, e da que tamén formaba parte a nave Beaufoy capitaneada por Matthew Brisbane navegou ás illas Órcadas do Sur para a caza de focas. Apenas acharon focas polo que se dirixiron máis ao sur na procura dunha terra mellor para a caza. O tempo foi infrecuentemente apracible e tranquilo, e o 20 de febreiro de 1823 os dous barcos acadaron a latitude 74°15' S na lonxitude 34°16'45″ W, a posición máis ao sur alcanzada ata entón por ningún barco. Avistaron algúns icebergs mais ningún sinal de terra, polo que decidiron retornar. Weddell imaxinou que o mar continuaba ata o Polo Sur, pero se continuase a súa navegación dous días máis chegaría ás costas da Terra de Coats, ao leste do mar de Weddell, na Antártida.
esquerda|miniatura|220px|O buque USS Vincennes da expedición Wilkes, en Disappointment Bay (Antártida) a comezos de 1840. En decembro de 1839, como parte da expedición Wilkes organizada polos Estados Unidos entre 1838 e 1842, saíu unha frota de Sydney cara ao océano Antártico e comunicaron o descubrimento do continente antártico ao oeste das illas Balleny, o 25 de xaneiro de 1840. Esta parte da Antártida foi posteriormente designada Terra de Wilkes. Debido ás discrepancias existentes nos cadernos de bitácora de varios barcos da expedición Wilkes, e insinuacións de que foron en consecuencia alterados, existe unha controversia entre a expedición Wilkes, que viu unha "illa de xeo" a 175 km da costa o 16 de xaneiro e despois a costa mesma o 25 de xaneiro, e a expedición francesa de Jules Dumont d'Urville, que avistou a costa o 20 de xaneiro, aproximadamente 400 km máis ao oeste, e desembarcou nun illote do arquipélago Géologie, a 4 km do continente, o 22 de xaneiro para obter mostras de mineral, algas e animais, na que foi a primeira vez en ser avistada a costa antártica na súa proximidade. A controversia aumentou polas accións do comandante do buque americano USS Porpoise, o tenente Cadwalader Ringgold, quen, despois de avistar o barco de d'Urbille, evitou deliberadamente o contacto.