Dallas é unha serie da televisión norteamericana creada por David Jacobs que se emitiu orixinalmente entre 1978 e 1991 sobre unha familia de millonarios, os Ewing, dedicada á industria petroleira e á gandeira.
Historia A serie principiou o 2 de abril de 1978 como unha miniserie de cinco capítulos na CBS, pero acabou desenvolvéndose durante trece tempadas e 357 capítulos. En 2007 o crítico de televisión da revista Time James Poniewozik incluíu á serie entre as 100 mellores de todos os tempos , foi o primeiro ou segundo programa máis visto nas tempadas 3 a 7 (1980-1984), o episodio Who Done It, emitido o 21 de novembro de 1980 tivo unha audiencia de máis de 41 millóns de televidentes. Dallas dobrouse a 67 linguas e emitida en 90 países, e foi a primeira serie que emitiu a TVG.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1978 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1991 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión da CBS