José Antonio Souto Paz, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1938 e finado en Madrid o 8 de setembro de 2017, foi un xurista e político galego.

Traxectoria Catedrático de Dereito Canónico da Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse nas Universidades de Navarra e Roma. Entre 1973 e 1975 dirixiu o Centro Rexional de Galicia da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Entre 1975 e 1979 foi decano da Facultade de Dereito da USC. Foi profesor do Instituto de Derechos Humanos da Universidade Complutense de Madrid, e desde 1982 da UNED.

Acadou a alcaldía de Santiago de Compostela logo de presentarse ás eleccións municipais de 1979 nas listas da UCD e presidente da Asemblea de Alcaldes de Galicia (1979). Mantívose na alcaldía ata a súa renuncia en setembro de 1981. Foi vocal nunha Comisión do Consello de Europa (1979-81), director do departamento de asesoría xurídica do CDS, asesor de educación e cultura do Defensor do Pobo (1986-88) e membro da xunta de goberno do Colegio de Abogados de Madrid (1988-89). Nas eleccións xerais de 1989 foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas listas do CDS.

Como investigador e catedrático, fixo achegas nos eidos do Dereito Canónico e Administrativo, Teoría da Organización e Dereito Matrimonial, amais de dirixir varias teses.

Obra La noción canónica de oficio (1971) El proyecto de Ley Fundamental de la Iglesia (1971) Derecho Canónico (1973, con outros autores) Notas para una interpretación actual del Derecho Canónico (1973) Derecho Canónico (1974, con outros autores) Corso di Diritto Canonico (1975, con outros autores) La norma canónica (1979, dous volumes, en colaboración con outros autores) Derecho Canónico I. Derecho Canónico y Derecho Eclesiático del Estado (1983) Derecho Canónico II. Derecho Matrimonial (1984)

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santiago de Compostela

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1938 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Finados en 2017 Categoría:Catedráticos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Xuristas de Galicia