Zidani Most é unha vila eslovena de arredor de 300 habitantes situada na confluencia dos ríos Sava e Savinja. O nome vénlle a partir dunha ponte moi próxima ao núcleo de poboación, sendo Ponte de pedra a tradución do esloveno Zidani Most. Conta cunha estación de trens de certa importante en Eslovenia, con paso de trens internacionais, cara a Austria ou Italia, entroutros países.
Categoría:Xeografía de Eslovenia