Begoña Paz Rey, nada na Coruña o 15 de marzo de 1965, é unha escritora galega en lingua galega.
Formación Graduada en Estudos Ingleses pola UNED, fixo un posgrao en cultura e violencia de xénero e un mestrado en Literaturas Hispánicas (Catalá, Galega e Vasca) no contexto europeo.
Malia escribir exclusivamente en lingua galega, poemas seus foron antologados en versións bilingües galego-castelán, xunto cos doutras escritoras do españolas.Noelia Díaz. Cuando el ´post´ es el poema, La Opinión A Coruña, 23/5/2010 .
Colaborou na elaboración do guión do que ía ser o primeiro filme de temática pornográfica, O divino ferrete, realizado en Galicia. O proxecto foi finalmente desbotado.
Obra
Narrativa A ferida, 2004, Edicións Xerais de Galicia. Traducida ao castelán (La herida, 2017, Createspace Independent Publishing Platform, Estados Unidos, tradución da autora) e ao esperanto (La vundo, 2019, Mondial, Nova York; tradución de Suso Moinhos). As mellores intencións, 2008, Edicións Xerais de Galicia. Traducido ao castelán (Las mejores intenciones, 2016, Createspace Independent Publishing Platform, Estados Unidos, tradución da autora).
Literatura infanto-xuvenil Norocai, 2005, Baía Edicións.
Poesía A mala vida, 2011, Ediciones La Baragaña, Palma. Caja de las bestias. Caixa das bestas, 2020, Baile del Sol, Tegueste. Edición bilingüe galego-castelán.
Volumes colectivos Narradoras, 2000, Xerais. Tripulantes, 2005, Eclipsados. Poesía para bacterias, 2008, Cuerdos de atar, Huesca. 23 Pandoras, 2009, Baile del Sol. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Editorial Toxosoutos. La manera de recogerse el pelo, 2010, Bartleby. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.Libro electrónico. Que será ser tú. Antología de poesía por la igualdad, 2018, Universidade de Sevilla.
Premios e distincións Premio Centenario de Ribeira de Novela Curta 2006, pola novela As mellores intencións. Accésit no Certame Nacional Galego de narracións breves Premio Modesto R. Figueiredo (2006), polo relato O monstro no labirinto. 2º Premio no Certame de Relato Curto do Centro Galego de Barakaldo (2006), polo relato Sereas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Escolma do poemario A mala vida, versión en PDF.
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados en 1965