A Exposición Rexional Galega de 1909 foi un macroacontecemento celebrado en Santiago de Compostela en 1909, primeiro Ano Santo do século XX, concretamente no parque da Alameda e mais no colexio de San Clemente.Centenario da Exposición Rexional Galaica

Historia e características Organizada pola Sociedade de Amigos do País de Santiago de Compostela, foi o presidente do seu comité executivo Pedro Pais Lapido. Contaba con once pavillóns e arredor de 600 expositores e 10 000 pezas de valor arqueolóxico así como tamén obras de arte.Galiza tamén tivo a súa expo. nova no xornal Vieiros o 25 de xullo de 2009. Foi inaugurada o 24 de xullo polo rei Afonso XIII e mais polo daquela presidente do goberno, Antonio Maura, e recibiu un total aproximado de 53 000 visitantes. Algúns dos edificios construídos para o evento ficaron tras o remate deste, como o Centro Galego da Habana, cuxo patrón arquitectónico foi usado para configurar posteriormente o Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, a actual escola infantil de Santa Susana, obra de Antonio Palacios, foi, durante a Exposición, o pavillón de Recreo Artístico e Industrial.

Fixéronse eco algúns diarios locais como El Eco de Santiago ou Diario de Galicia, ademais de españois como o madrileño El Imparcial ou o rotativo catalán La Vanguardia. Tamén foi obxecto de atención das revistas gráficas do momento (a viguesa Vida Gallega ou a madrileña Nuevo Mundo). Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía É o estudo máis completo sobre a Exposición Rexional Galega de 1909. , limiar de Margarita Barral (2009): Santiago, 1909. Centenario da Exposición Rexional Galega. Editorial Alvarellos.

Outros artigos Exposición Rexional de 1880 Exposición Rexional Galega

Ligazóns externas "1909, o ano da modernidade", reportaxe en El Correo Gallego, 13 de setembro de 2009. (pdf)

Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Exposicións en Galicia Categoría:1909 en Galicia