dereita|miniatura|Ponte de Augapesada. Augapesada é un lugar da parroquia de Ames no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Tiña 135 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 65 homes e 70 mulleres. Toponimia O topónimo Augapesada fai referencia ao punto onde se cruza o rego de Aveneiral, no camiño real que ía de Santiago de Compostela a Fisterra, onde aínda se conserva unha ponte dun só arco. Malia que en orixe a forma era Auga Pasada, xa no século XIV se rexistra como Agoa Pesada. Historia
Cando se constituíu o concello de Ames, Augapesada foi a primeira sede da casa consistorial.
Lugares e parroquias Lugares de Ames
Parroquias de Ames
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Ames
Categoría:Lugares de Ames Categoría:Localidades do Camiño de Fisterra