Xavier Forcada Sánchez, nado o 25 de novembro de 1988 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto catalán, que actualmente xoga para o Chorale Roanne Basket da LNB Pro A. Cunha alzada de 1,95 metros pode ocupar as posicións de escolta e ala. Foi internacional coa selección española nas categorías inferiores.
Biografía miniatura|esquerda|170px|Forcada co Breogán. Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, despois de destacar no club do seu colexio, o San Juan Bosco Horta. Na tempada 2005-06 xogou nas filas do UB Esplugues da liga EBA. A seguinte campaña fichou polo CB L'Hospitalet da liga LEB, equipo no que permaneceu até que na tempada 2007-08 enrolouse nas filas do Alimentos de Palencia da LEB Prata, co que un ano máis tarde proclamouse campión de Liga e Copa desa mesma categoría.
No verán de 2009 fichou polo Cáceres 2016 da liga LEB Ouro, club co que tras iniciar a tempada de forma discreta acabou a mesma como un dos seus xogadores máis destacados axudando ao club a chegar a disputar por primeira vez na súa historia os play-off de ascenso á liga ACB. O adestrador do Cáceres 2016, Gustavo Aranzana, fixou a renovación do xogador como unha das prioridades para a confección do cadro cara a tempada 2010-11. Porén, as negociacións finalmente non chegaron a concretarse e a comezos de agosto o Club Baloncesto Breogán confirmou a súa contratación. Coa selección española destaca a súa vitoria no Campionato do Mundo sub-19 de Novi Sad 2007 no que fixo unha media de 17,9 puntos por encontro.
Traxectoria deportiva 20px|border|España EBA Esplugues (2005-2006) 20px|border|España LEB CB L'Hospitalet (2006–2008) 20px|border|España LEB Palencia Baloncesto (2007-2009) 20px|border|España LEB Cáceres CB (2009-2010) 20px|border|Galicia LEB Breogán (2010-2011) 15px|border|LEB Cáceres CB (2011-2012) 15px|border|LEB Palencia Baloncesto (2012-2015) 15px|border|LEB Prat (2015-2017) 15px|border|LNB Pro B BC Gries Oberhoffen (2017-2019) 15px|border|LNB Pro A Chorale Roanne Basket (2019-presente)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web oficial da FEB
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do CB L'Hospitalet Categoría:Xogadores do CD Maristas Palencia Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Prat Categoría:Xogadores do Chorale Roanne Basket