Vicente de la Fuente García, nado en Betanzos o 29 de xaneiro de 1934 e finado na mesma localidade o 22 de decembro de 2021, foi un empresario e político galego que ostentou a alcaldía de Betanzos dende 1979 ata 1983.

Traxectoria Foi Profesor Mercantil pola Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña (1954).

Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro de Betanzos por Unión de Centro Democrático (UCD), tomando posesión o 19 de abril de 1979. O 3 de maio de 1979, o alcalde titular viuse obrigado a abandonar a alcaldía por enfermidade sen chegar a presidir ningún acto corporativo. Ao non estar prevista a orde de sucesión, por autoconvocatoria dos concelleiros, acordouse que se fixese cargo da alcaldía o 15 de maio de 1979. O 6 de setembro o alcalde titular renunciou e por acto plenario do 26 de setembro de 1979 resultou elixido alcalde titular. Nese mandato foi deputado provincial e presidente da Comisión de Facenda. Nas eleccións de maio de 1983 encabezou a candidatura de Independentes de Betanzos logrando tan só 3 concelleiros fronte á maioría absoluta obtiva polo PSdeG, polo que abandonou a alcaldía. Volveu a concorrer como candidato, nesta ocasión de Alianza Popular, nas eleccións de xuño de 1987 sen tampouco conseguir a vitoria logo de que os socialistas revalidasen a maioría absoluta.

Obra Publicou varios artigos no Anuario Brigantino: "Un recluso en Betanzos..." (2004),http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2004PDF/2004%20383-392%20VICENTE.pdf "El monasterio de Santa María de Sobrado" (2005),http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2005PDF/2005%20153-172%20VICENTE%20DE%20LA%20FUENTE.pdf, "Una experiencia de democracia..." (2006)http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2006PDF/2006%20345-356-VICENTE06.pdf e "La Comisión Pro-Cierre Dominical" (2007).http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2007PDF/2007%20369_392.pdf

Vida persoal

Foi pai de Vicente, María, Javier, Isabel, Pablo, Cova, Juan, Marta e Ignacio de la Fuente Lago.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Betanzos.

Categoría:Alcaldes de Betanzos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1934 Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes