Juan Pérez Dopico,Nalgunhas fontes aparece como Juan Dopico Fernández: e Los de la sierra alcumado Xan de Xenaro e Caravaca, nado no Souto Vello (Limodre, Fene) en 1917"Estreno de «Xan de Xenaro», video sobre un guerrillero", La Voz de Galicia, Ferrol, 20-7-1986, p. 32. e finado en Muras o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obrigado a incorporarse ao exército. Desertou do exército sublevado e participou na defensa de Madrid. Foi xulgado en Ferrol por sedición e declarado en rebeldía. Foi detido en 1939 e condenado a morte. Foille conmutada a pena e permaneceu na prisión de Carabanchel ata 1945. Ao saír traballou en ASTANO, militando no PCE. Botouse ao monte en 1946 e converteuse no xefe militar do Destacamento Segundo VilaboyO nome púxose na honra de Segundo Vilaboy Martínez guerrilleiro ferrolán axustizado en decembro de 1947. da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia xunto a Juan Gallego Abeledo "Comandante". Foi reclamado polo xuíz militar de Ferrol en outubro de 1948.BOE, 6-10-1948, p. 2312. O 21 de xuño de 1949 foi abatido nun enfrontamento coa Garda Civil en Silán (Muras) con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Celia González Pernas e Josefa Escourido Cobo."Cuatro bandoleros muertos por la Guardia Civil. En la provincia de Lugo", La Voz de Galicia, 1-7-1949, p. 6.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes