Alfonso Armada Rodríguez, nado en Vigo o 12 de setembro de 1958, é un xornalista e escritor galego en lingua castelá e en lingua galega.
Traxectoria Licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en interpretación pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Foi correspondente para África de El País e subdirector da revista Teatra. Dirixiu a compañía de teatro Koyaanisqatsi, coa que estreou varias obras da súa autoría. Participou como actor na curtametraxe Os paxaros morren no aire (1977) e na longametraxe Eu, o tolo (1979) de Chano Piñeiro. Foi durante seis anos correspondente de ABC en Nova York.
Obra en galego Poesía Escuma dos adentros (1997, Sotelo Blanco). Pita velenosa, porta dos azares (2002, Deputación de Pontevedra). Haikús da Costa da Morte (2007, carpeta con obras orixinais de Antón Patiño). TSC. Diario da noite (2009, Xerais).
Narrativa Mar Atlántico. Diario dunha travesía (2012, Alento).
Obra en castelán Cuadernos africanos (1999 e 2002). España, de sol a sol (2001), con fotografías de Corina Arranz. El rumor de la frontera (2006), coa fotógrafa Corina Arranz. Viaxe ó largo da fronteira entre Estados Unidos e México. Nueva York, el deseo y la quimera (2007). El sueño americano. Cuaderno de viaje a la elección de Obama (2009).
Cuaderno de viaje al país natal (2022). Premios Premio Francisco de Quevedo de poesía do concello de Madrid polo libro Fracaso de Tánger. Premio Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España por El alma de los objetos (1997).
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia de España (2003) Madrid.- ISBN 84-923944-3-9
Ligazóns externas Biografía na axencia Pontas Biografía en galegos.info Ficha na IMDb Ficha do autor en Xerais
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1958 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega