O póker, é un xogo de cartas xogado por dúas ou máis persoas, moi común en casinos. É o máis popular dunha clase de xogos nos cales os xogadores coas cartas total ou parcialmente escondidas fan apostas para un monte central, despois do que o resultante das apostas é atribuído ao xogador ou xogadores que posuíran o mellor conxunto de cartas.
Para xogar ao póker, é necesario aprender as regras e procedementos básicos do xogo, os valores das varias combinacións de cartas e as regras sobre as apostas e os seus límites. Algúns coñecementos sobre o equipamento usado para xogar son útiles. Hai tamén moitas variantes do póker, categorizadas libremente como póker fechado (draw poker), póker aberto (stud poker), community card poker e outros. Os xogos máis habituais das primeiras tres categorías son o Five-Cards Draw, seven-card stud e Texas hold'em, respectivamente. Cada un destes tres xogos é un bo punto de partida para aprender outros xogos do mesmo xénero.
miniatura|dereita|200px|Escaleira de cor real O póker é o xogo de azar máis xogado no mundo.
Historia A orixe do póker é moi antiga e está ligada a varios outros xogos que tamén se basean en combinacións de cartas do mesmo valor e que presentan un sistema de apostas moi semellante ao do póker actual. A versión máis antiga do póker chamábase "As-nas" e xurdiu en Persia, no século XV.
A palabra póker vén do inglés poker, que se orixina do francés poque, que á súa vez deriva do alemán pochen que significa xogar de farol.
O xogo actual desenvolveuse nos Estados Unidos e tornouse no xogo favorito dos norteamericanos, especialmente dos pioneiros do Oeste. O póker como é coñecido no Brasil, é orixinario da Europa e corresponde a apenas dúas ou tres das máis de cen modalidades practicadas nos Estados Unidos.
Clasificación de xogadas XogadaXogada InglésDescrición Estatística1Escaleira RealRoyal FlushSon 5 cartas seguidas do mesmo pau ata ao ás.Ficheiro:Royal_Flush.png42Escaleira de CorStraight FlushSon 5 cartas seguidas do mesmo pau que non sexa ata ao ás.Ficheiro:Straight_Flush.png363PókerPokerSon 4 cartas iguais. Ficheiro:Poker.png6244FullFullSon 3 cartas iguais, máis outras dúas iguais. Ficheiro:Full.png3.7445CorFlushSon 5 cartas do mesmo pau sen ser seguidasFicheiro:Flush.png5.1086EscaleiraStraightSon 5 cartas seguidas de paus diferentes.Ficheiro:Straight.png10.2007TríoThree of a kindSon 3 cartas iguais máis dúas diferentes.Ficheiro:Three_of_a_kind.png54.9128Dobre ParellaTwo PairsSon 2 pares de cartas.Ficheiro:Two_Pairs.png123.5529ParellaOne PairSon 2 cartas iguais e tres diferentes.Ficheiro:One_Pair.png1.098.24010A Carta máis elevadaNo PairGaña quen tivese a cartas máis alta.Ficheiro:No_Pair.png
Notas
Categoría:Póker