José María Urquiola Iglesias, coñecido como Chema ou Pepe ou Tino, nado en Mieres en 1906 e finado en Oviedo o 25 de novembro de 1979, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Militante do PCE. En xuño de 1943 foi o encargado de solicitar aos guerrilleiros da Federación de Guerrillas de León-Galicia reunidos en Ferradillo a súa incorporación á Unión Nacional, que nun principio foi rexeitada. Pero en setembro, no III Congreso da Federación, esta adheriuse. Foi o encargado de reconstituír os comités provinciais do PCE. En 1944 foi procesado con Antonio Paleo Saavedra, Severino González Guitián e outros no sumario 390/44 do Xulgado Militar Especial de Oviedo por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado.Boletín Oficial da Provincia de Oviedo, 20-1-1945, p. 2.]
Foi detido en Ourense o 7 de xaneiro de 1945 e procesado na causa 94/45, e como consecuencia caeron 79 persoas na provincia de Lugo e en Ferrol, o que provocou unha desfeita no Partido Comunista. Fuxiu cando era trasladado a Madrid,Requisitoria no BOE, 3-2-1945, p. 398. pero foi novamente detido na capital do Estado en 1945. Xulgado por rebelión militar na Coruña no proceso 75/1946, en consello de guerra celebrado o 17 de xullo de 1946 con Enriqueta Otero, Julio Nieto López, Ramón Vivero Geada e Marcelino Villares Santiago, foi condenado a pena de morte.La Voz de Galicia, 18-7-1946, p. 6.El Ideal Gallego, 19-7-1946, p. 4. A pena foi conmutada a reclusión perpetua e finalmente a trinta anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en xaneiro de 1959.BOE, 19-3-1959, p. 4364.
Vida persoal
Casou con Trinidad Blanco Mateos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Mieres Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1979