Oskari Olavi Ilmen, coñecido como Olavi Virta, nado en Sysmä o 27 de febreiro de 1915 e finado en Tampere o 14 de xullo de 1972, foi un popular cantante finlandés, chamado o Rei do tango finés.
Traxectoria Gravou seiscentas cancións entre 1939 e 1966. Os seus principais éxitos foron as cancións Punatukkaiselle tytölleni, "Ennen kuolemaa", "Täysikuu", "Hopeinen Kuu" e os tangos "Satumaa" e "La Cumparsita", que foi disco de ouro. O seu repertorio inclúe cancións populares finesas, tangos, boleros e pezas de jazz.
Gañou tres discos de ouro e participou en vinte filmes. En 1972, Peter von Bagh realizou un documental sobre a súa vida.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Olavi Virta
Categoría:Cantantes de Finlandia Categoría:Nados na rexión de Päijänne Tavastia Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1972