miniatura|260px|Póster de propaganda estadounidense (c. 1942-1945), dirixido a soldados e mariñeiros da segunda guerra mundial onde se apelaba ó seu patriotismo para que se protexeran das enfermidades venéreas (nome médico usado nesa época). As infeccións de transmisión sexual (ITS), enfermidades de transmisión sexual (ETS) ou máis coñecidas por enfermidades venéreas, son o conxunto de entidades clínicas infectocontaxiosas agrupadas que se transmiten dun a outro individuo soamente por medio de contacto íntimo que se produce, case de maneira exclusiva, durante as relacións sexuais, incluíndo o sexo vaxinal, o sexo anal e mais o sexo oral. Os axentes produtores das infeccións de transmisión sexual inclúen bacterias, virus, fungos e protozoos. Con todo, poden transmitirse tamén polo uso de xiringas contaminadas ou ben por contacto co sangue, e algunhas delas poden transmitirse durante o embarazo ou o parto, desde a nai ao fillo.Woods, Samuel G. (2003). Todo lo que necesitas saber sobre las enfermedades de transmisión sexual. The Rosen Publishing Group, ISBN 0-8239-3580-9.

Doenzas principais Entre as infeccións de transmisión sexual atópanse:

A clamidia é unha doenza de transmisión sexual causada pola bacteria Chlamydia trachomatis. Nas mulleres os síntomas poden ir dende supuracións anormais da vaxina, dor durante a micción e sangrado entre períodos, aínda que a maioría das mulleres non experimentan ningún síntoma.King, B. (2009). Human Sexuality Today (Sixth ed.). Upper Saddle River: Pearson Education, Inc. Nos homes pode presentarse dor durante a micción e supuracións anormais do pene. Se se deixa sen tratar, a clamidia pode infectar o tracto urinario tanto en homes como en mulleres e levar unha doenza pelviana inflamatoria. Esta pode ocasionar graves problemas durante o embarazo e mesmo provocar infertilidade. Tamén pode causar un embarazo ectópico potencialmente mortal. Porén, a clamidia pódese curar con antibióticos. As dúas formas máis comúns de herpes teñen orixe nunha infección por mor do virus do herpes simple. O virus da variedade 1 contáxiase oralmente e provoca herpes labial, mentres que o da variedade 2 contráese por medio de contacto sexual e afecta os xenitais. Porén, ámbalas dúas cepas do virus poden afectar a calquera dos dous sitios.http://www.webmd.com/genital-herpes/guide/genital-herpes-basics Algunhas persoas son asintomáticas ou presentan síntomas moi febles. Aqueles que experimentan síntomas normalmente percíbenos entre 2 e 20 días despois da exposición ao virus e dura entre dúas e catro semanas. Os síntomas poden incluír vexigas, dor de cabeza, dor de costas, sensación de proído ou formigueo nos xenitais ou na zona anal, dor durante a micción, síntomas gripais, inflamación das glándulas ou febre. O herpes contáxiase por medio do contacto cutáneo coa persoa infectada. O virus afecta as áreas onde entra no corpo. Isto pode acontecer con bicos, sexo vaxinal, sexo oral e anal. O virus é máis infeccioso durante o tempo no que os síntomas son visíbeis, aínda que as persoas asintomáticas poden espallar o virus co contacto coa pel. A primeira vez que unha persoa é contaxiada é a peor, xa que o corpo non ten anticorpos para facerlle fronte ao virus. Despois da primeira vez, os síntomas poden ser máis leves ou mesmo inexistentes. Non hai cura para a doenza mais existen medicamentos antivirais para tratar os síntomas e reducen os riscos de transmisión (Valtrex). Aínda que a cepa 1 é tipicamente a versión "oral" do virus e a 2 a "xenital", unha persoa coa cepa 1 na boca pode transmitir o virus á súa parella nos xenitais. O virus, sen importar o tipo, pode asentarse nun nervio da parte superior da columna vertebral e producir o gromo "oral" ou na parte inferior da columna producindo o gromo "xenital". O virus do papiloma humano (VPH) é a doenza de transmisión sexual máis común dos Estados Unidos de América. Existen máis de corenta cepas do virus e as máis das veces non causan problemas de saúde. No 90% dos casos, o sistema inmunolóxico do corpo elimina a infección de xeito natural en arredor de dous anos. Nos casos nos que o corpo non elimina a infección poden aparecer verrugas xenitais (vultos arredor dos xenitais que poden ser grandes ou pequenos, elevados, planos ou con forma de coliflor) ou mesmo cancro cervical e outros tipos de cancro relacionados co virus. Os síntomas non adoitan aparecer até que a doenza non se atopa en estadios máis avanzados. É importante para as mulleres facer citoloxías vaxinais para previr e tratar os casos de cancro. Tamén existen vacinas dispoñíbeis para mulleres como Cervarix e Gardasil, que as protexen contra os tipos de VPH que causa cancro cervical. O VPH pódese contaxiar por medio de contacto xenital así como durante o sexo oral. É importante lembrar que a parella infectada non ten porqué amosar síntomas. A gonorrea está provocada por unha bacteria que vive na maioría das membranas da uretra, vaxina, recto, boca, gorxa e ollos. A infección pódese contaxiar polo contacto co pene, a vaxina, a boca ou o ano. Os síntomas adoitan aparecen despois de dous ou cinco tralo contacto coa persoa infectada, aínda que algúns homes non amosan síntomas até pasado un mes. Entre eles inclúense dor e sensación de queimarse durante a micción, un incremento da frecuencia e necesidade de mexar, secrecións do pene (de cor branca, verde ou amarela), uretra inflamada, testículos inflamados e sensíbeis e dor de gorxa. Nas mulleres os síntomas inclúen secrecións da vaxina, proído e sensación de queimarse durante a micción, relacións sexuais dolorosas, dor severa baixo o abdome (se a infección chega ás trompa de Falopio) ou febre (se a infección chega ás trompa de Falopio). Porén, moitas mulleres non amosan síntomas. Existen cepas de gonorrea resistentes ao tratamento con antibióticos, mais a maioría poden curarse. miniatura|240px|Sífilis secundaria. A sífilis é unha doenza de transmisión sexual causada por unha bacteria. De non tratala, pode traer maiores complicacións e mesmo provocar a morte. As manifestacións clínicas da sífilis son a aparición de úlceras no tracto uro-xenital, na boca e no recto. Se non se tratan os síntomas empeoran. Nos últimos anos, a prevalencia da doenza diminuíu en Europa Occidental, mais aumentou na Europa do leste e nos Estados Unidos de América. Unha alta incidencia da sífilis pode atoparse en países como Camerún, Camboxa e Papúa-Nova Guinea. A tricomoníase é unha ETS común que está causada pola infección dun parasito protozoo chamado Trichomonas vaginalis. Afecta tanto a homes como a mulleres, aínda que os síntomas son máis frecuentes nas mulleres. A maioría dos pacientes son tratados cun antibiótico chamado metronidazole, que é moi efectivo. O VIH (Virus da inmunodeficiencia humana) ataca o sistema inmunolóxico do corpo, interfire na súa capacidade de protección contra as infeccións e permite que se produzan infeccións oportunistas que ameazan a vida e favorecen a formación de cancros. A infección por VIH orixina unha diminución ata niveis baixos das células T CD4+, vitais para o sistema inmunolóxico. A infección polo VIH contráese pola transferencia entre persoas de sangue, seme, fluído vaxinal, preexaculado, ou leite materno de persoas infectadas. Cando o VIH se atopa no seu estadio máis avanzado, dicimos que un individuo ten SIDA (síndrome de inmunodeficiencia adquirida). Existen varios estadios na progresión da infección de VIH: infección primaria, infección asintomática, infección sintomática e SIDA. No primeiro estadio de infección primaria o individuo terá síntomas semellantes aos da gripe (dor de cabeza, fatiga, febre e dor muscular) durante dúas semanas. No estadio asintomático, os síntomas desaparecen e o paciente pode permanecer asintomático durante varios anos. Cando o VIH avanza cara ao estadio sintomático, o sistema inmunolóxico está moi debilitado e hai un reconto moi baixo de células CD4+ (células T axudantes. Cando o VIH supón un risco de morte para a persoa chámase SIDA. As persoas con SIDA contraen facilmente infeccións oportunistas e morren como consecuencia delas. Cando se descubriu a doenza na década de 1980, as persoas con SIDA non tiñan posibilidades de vivir máis que por uns poucos anos. Hoxe en día existen antiretrovirais que axudan a tratar a infección de VIH, mais non hai unha cura coñecida para o VIH ou a SIDA, mais os medicamentos axudan a reducir a cantidade do virus no corpo, polo que as persoas afectadas poden vivir máis anos e mellor. Porén, aínda que os niveis do virus no corpo sexan moi baixos existe un pequeno risco de contaxiar o virus a outras persoas.

Outros Existen varias especies de bacterias, protozoos, fungos e virus que aínda permanecen pouco documentados e estudados en relación coa transmisión sexual. A pesar de que os arriba descritos inclúen os que xeralmente coñecemos como ETS, a transmisión sexual de microbios non está restrinxida á lista anterior. Dado que as vías de transmisión sexual non son consideradas comúns e os propios microbios non implican unha investigación máis profunda da enfermidade, os seguintes patóxenos non se consideran nas clínicas de saúde sexual. Porén, algúns deste microbios sábese que se poden transmitir por vía sexual.

Entre os microbios considerados transmisíbeis sexualmente (mais non considerados ETS) atópanse: Virus Marburg - o virus aínda está presente no seme mesmo 7 semanas despois da recuperación clínica do paciente. HTLV (ámbolos tipos 1 e 2) - Pódese transmitir por vía sexual e polo leite materno. Causa risco de padecer leucemia.

Transmisión Os riscos e probabilidades de transmisión de doenzas de transmisión sexual resúmense na seguinte táboa por acto:Hoare A (2010). models of HIV epidemics in Australia and Southeast AsiaAustralasian contact tracing manual. Specific infections where contact tracing is generally recommended Department of Public Health, City & County of San Francisco (2011).STD Risks ChartBryan C (2011)INFECTIOUS DISEASE CHAPTER EIGHT SEXUALLY TRANSMITTED DISEASES

Riscos en actos sexuais sen protección cunha persoa infectada Riscos coñecidos Posíbel Facer unha felación ou sexo oral a un home Clamidia na gorxa Gonorrea na gorxa (25–30%) Herpes (raro) VPH Sífilis (1%) Hepatite B (risco baixo) VIH (0.01%) Hepatite C (descoñecido) Facer cunnilingus ou sexo oral a unha muller Herpes VPH Gonorrea na gorxa Clamidia na gorxa Recibir unha felación (home) Clamidia Gonorrea Herpes Sífilis (1%) VPH Recibir un cunnilingus (muller) Herpes VPH Vaxinose bacteriana Gonorrea Sexo vaxinal(riscos para o home) Clamidia (30–50%) Piollo pato Sarna Gonorrea (22%) Hepatite B Herpes (0.07% para o HSV-2) VIH (0.05%) VPH (alto: arredor do 40-50%) Infección de Mycoplasma hominis Sífilis Tricomoníase Infección de ureaplasma Hepatite C Sexo vaxinal(riscos para a muller) Clamidia (30–50%) Piollo pato Sarna Gonorrea (47%) Hepatite B (50–70%) Herpes VIH (0.1%) VPH (alto; arredor do 40-50%) Infección de Mycoplasma hominis Sífilis Tricomoníase Infección de ureaplasma Hepatite C Sexo anal(riscos para o activo) Clamidia Piollo pato Sarna (40%) Gonorrea Hepatite B Herpes VIH (0.62%) VPH Sífilis (14%) Hepatite C Sexo anal(riscos para quen recibe) Clamidia Piollo pato Sarna Gonorrea Hepatite B Herpes VIH (1.7%) VPH Sífilis (1.4%) Hepatite C Anilingus Amebíase Criptosporidíase (1%) Xiardíase Hepatite A(1%) Disentería bacteriana (1%) VPH (1%)

Tipos Bacteria Chancroide (Haemophilus ducreyi) Clamidia (Chlamydia trachomatis) Gonorrea (Neisseria gonorrhoeae) Granuloma inguinal (Klebsiella granulomatis) Mycoplasma genitalium Mycoplasma hominisTaylor-Robinson D, Clin Infect Dis. 1996 Oct;23(4):671-82; quiz 683-4. Infections due to species of Mycoplasma and Ureaplasma: an update. Sífilis (Treponema pallidum) Infección de ureaplasma

Fungo Candidíase

Virus miniatura|Micrografía amosando o efecto citopático do herpes. Citoloxía vaxinal. Coloración de Papanicolaou.