alt=|miniatura|280x280px|Vista do Palacio de Westminster dende unha cabina do London Eye. A Cidade de Westminster (en inglés City of Westminster, pronunciado [ˈwɛstmɪnstə]) é unha municipalidade (Borough) con rango de cidade (City) do Reino Unido, situada na zona central do Gran Londres, ao oeste da Cidade de Londres e ao norte do río Támese. A mediados de 2013 tiña unha poboación estimada de 226.841 habitantes.
Historia Foi creada o 1 de abril de 1965, cando se estableceu a rexión do Gran Londres. Anexáronse os antigos distritos de Marylebone e Paddington, situados máis ao norte; deste xeito, a actual Cidade de Westminster cobre unha área moito máis extensa ca no pasado. Cando se creou recibiu o rango de cidade, que xa anteriormente tiña o municipio metropolitano de Westminster, de menor tamaño.
O seu escudo foi outorgado oficialmente o 2 de setembro de 1964.
Monumentos e lugares de interese Westminster é mundialmente coñecida por ser sede da residencia do Primeiro Ministro, o seu Parlamento, o Palacio de Buckingham (residencia do monarca) ou a Abadía de Westminster.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Borough de Londres
Categoría:Londres Categoría:Vilas e cidades do Gran Londres