Ruesga é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), situado na comarca de Asón-Agüera. O municipio divídese en dúas partes, a de menor extensión sitúase ao oeste do municipio de Arredondo, que se acha no medio.

É un val polo que discorre o río Asón e limita cos municipios cántabros de Solórzano e Voto, polo norte; Soba, polo sur; Rasines e Ramales de la Victoria, polo leste; e por último, Arredondo, Riotuerto e Entrambasaguas polo oeste.

Localidades

Calseca Matienzo Mentera Barruelo Ogarrio Riva (Capital) Valle

Destaca tamén pola súa importancia no municipio o barrio de Lastras, pertencente á localidade de Ogarrio.

Xeografía

Ao ser unha zona de solo calcario, hai un gran número de covas e simas que son exploradas polos espeleólogos. Destaca especialmente neste campo Matienzo. 250px|miniatura|Val de Matienzo. Entre todas a covas da zona destaca principalmente a cova da Redaña que é a segunda cova máis larga de Cantabria, con máis de 20 quilómetros, e forma parte do sistema de covas dos Catro Vales, que engloba os vales de Matienzo, Riaño, Llueva e Secadura.

Tamén hai que destacar o burato de Hoyo Masayo, que é unha depresión situada a 650 metros de altitude; a Torca de Bernallán, que é unha sima de 579 metros de profundidade e o polje de Matienzo que é unha depresión de algo máis dun quilómetro e está declarado Punto de Interese Xeolóxico, sendo un dos maiores de Europa.

Patrimonio Destacan tres bens de interese cultural, con categoría de zona arqueolóxica en Matienzo: Cova de “El Patatal”. Cova de “Cofresnedo”. Cova de “Los Emboscados”.

Ademais, o palacio dos Valle ou de Bárcena é un Ben inventariado.

Demografía

Administración

Jesús Ramón Ochoa Ortiz (PRC) é o actual alcalde. Xa ostentaba o cargo de alcalde desde 1991, mais como representante do Partido Popular. Nas eleccións municipais do 2007 Jesús Ramón Ochoa decidiu presentarse como candidato polo PRC, xa que o PP non tiña el como candidato.Polémica designación do alcalde como candidato do PRC, en ElDiarioMontañés

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 485 57,74 % 5 PRC 257 30,60 % 3 PSOE 91 10,83 % 1

Alcalde electo: Jesús Ramón Ochoa Ortiz (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PRC 484 53,42 % 5 PP 245 27,04 % 2 PSOE 170 18,76 % 2

Alcalde electo: Jesús Ramón Ochoa Ortiz (PRC).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Concellos de Cantabria