Clinton Richard Dawkins, nado en Nairobi en 1941, é un etólogo, biólogo evolutivo e escritor inglés.
Traxectoria De pais británicos, a súa familia volveu desde Nairobi a Inglaterra en 1949. Educouse en Oxford e doutorouse baixo a tutela do Premio Nobel Niko Tinbergen. Dende 1967 ata 1969 foi profesor asistente na Universidade de California, Berkeley. En 1995 pasou a ocupar a cátedra "Simonyi para a Comprensión Publica da Ciencia" e fíxoo ata o 2008. Foi nomeado profesor emérito do New College, Universidade de Oxford.
Dawkins deuse a coñecer en 1976 grazas ao seu libro The Selfish Gene (O xene egoísta), que popularizou unha visión da evolución centrada nos xenes e que introduciu o concepto de meme. Co seu libro The extended phenotype (O fenotipo estendido) de 1982 introduciu na bioloxía evolutiva o feito de que os efectos fenotípicos dun xene non teñen porqué se limitar só aos individuos que os portan senón que poden ter un impacto ambiental.
Dawkins é ateo e criticou abertamente o creacionismo e o deseño intelixente. Na súa obra The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego, 1986) argumentou a analoxía do reloxeiro, que versa sobre a crenza de que a existencia dun creador supernatural explicaría a complexidade biolóxica dos organismos vivos. Usando o paradigma dun reloxeiro cego, describe como os procesos evolutivos derivados da reprodución, selección e mutación non os leva a cabo nin os guía ningún "creador". Dawkins argumentou en The God Delusion (Deus, un delirio) do 2006 que case seguro que non houbo ningunha entidade creadora e que a fe na creación por unha deidade é un delirio.
Dawkins tivo o recoñecemento de múltiples institucións e universidades, recibiu premios polas súas obras e participa habitualmente na televisión, a radio e Internet. As súas aparicións nestes últimos medios de difusión adóitanse tratar como as dun intelectual que rebate o teísmo.
Obra principal Libros
Filmes e documentais Nice Guys Finish First (1986) The Blind Watchmaker (1987) Growing Up in the Universe (1991) Break the Science Barrier (1996) The Atheism Tapes (2004) The Big Question (2005) – Parte 3 da serie televisiva "Why Are We Here?" The Root of All Evil? (2006) The Enemies of Reason (2007) The Genius of Charles Darwin (2008) Faith School Menace? (2010) Beautiful Minds (abril de 2012) Sex, Death and the Meaning of Life (2012) The Unbelievers (2013)
Categoría:Nados en Nairobi Categoría:Nados en 1941 Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Membros da Royal Society