A Medalla de Ouro da Arquitectura é o galardón máis importante dos que concede o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE). Recoñece os méritos de institucións e persoas que se distingan polo seu labor en favor da arquitectura e da profesión de arquitecto. Concédese, en vida, a persoas ou institucións que destacaran especialmente en: A promoción da Arquitectura con ben cultural dos pobos e integrada nas Belas Artes. O desenvolvemento da Arquitectura na consecución do benestar socioeconómico. A divulgación do feito arquitectónico e do labor dos arquitectos. A defensa e mellora da imaxe do Arquitecto. O exercicio moi relevante da profesión de Arquitecto.
A primeira foi outorgada ó rei don Juan Carlos I. Recibiuna tamén o Aga Khan.
En 2016, un grupo de arquitectas entre as que se atopan Inés Sánchez de Madariaga, co-directora do proxecto Gendered Innovations, da Comisión Europea e a Universidade de Stanford e expresidenta do Comité de Expertos da Comisión Europea, a comisaria Ariadna Cantis, Martha Thorne, directora do Premio Pritzker; e as deseñadoras Izaskun Chinchilla (Izaskun Chinchilla Architects), Blanca Lleó e Carmen Espegel (espegel-fisac), elevaron unha petición ao Presidente do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España reclamando unha representación equilibrada de homes e mulleres entre as persoas do seu xurado e as premiadas, dado que en 35 anos de outorgamento do Premio non foi recoñecida ningunha arquitecta.
Arquitectos galardoados
1981 Félix Candela. 1981 Josep Lluís Sert. 1988 Alejandro de la Sota. 1988 Álvaro Siza. 1989 Francisco Javier Sáenz de Oiza. 1990 Francisco Cabrero. 1990 Oriol Bohigas. 1991 Julio Cano Lasso. 1992 José Antonio Corrales. 1992 Ramón Vázquez Molezún. 1994 Miguel Fisac. 1996 Joaquín Vaquero Palacios. 1998 Fernando Chueca Goitia. 2000 Rafael de la Hoz Arderius. 2002 Antonio Fernández Alba. 2004 Luis Peña Ganchegui. 2006 Rafael Moneo. 2008 Juan Navarro Baldeweg. 2010 Manuel Gallego Jorreto
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do CSCAE .
Categoría:Medallas Medalla de Ouro