Matera (Materano: ) é unha cidade na provincia de Matera na rexión de Basilicata, na Italia Meridional. É a capital da provincia de Matera e foi a capital de Basilicata entre 1663 e 1806. A cidade está situada nun pequeno canón esculpido polo río Gravina. Tiña 60.023 habitantes en 2012. Esténdese por unha área de 387,40 km2, tendo unha densidade de poboación de 150 hab/km2.

Coñecida como ("a cidade subterránea"), Matera é unha das cidades máis antigas habitadas de seguido do mundo, leva habitada desde o 10º milenio a.C.Chisena 1984, p. 7 O seu centro histórico Sassi", xunto co conxunto das igrexas rupestres, recibiu o status de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1993.

O 17 de outubro de 2014, Matera foi declarada anfitrioa italiana da Capital Europea da Cultura para 2019 xunto coa cidade búlgara de Plovdiv.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial de Matera

Categoría:Concellos da provincia de Matera Categoría:Capitais europeas da cultura Categoría:Patrimonio da Humanidade en Italia