A síndrome de Reye é unha enfermidade grave que ten lugar con maior asiduidade en nenos menores de 10 anos. Caracterízase por vómitos, síndrome confusional, hepatomegalia, somnolencia e ata coma.
É unha esteatose hepática microvesicular. O sistema nervioso central aparece edematoso.
Ó microscopio electrónico vense unhas mitocondrias anormais. A causa da enfermidade é un trastorno mitocondrial sistémico que impide a β-oxidación dos ácidos graxos.
Categoría:Síndromes